Complementarias |
|
|||||
O venres 6 de novembro celebramos o Magosto 2015. Os mestres disfrazámonos de castañeiros e castañeiras para lembrar o oficio e preparar o noso Magosto ao estilo tradicional. Asámolas castañas e comémolas no recreo. Que ricas estaban! |
|||
|
|||
O xoves 29 celebramos a Festa tradicional celta do cambio de estación cunha exposición de cabazas e con disfraces terroríficos. Mestes e alumnado chegaron ás aulas de bruxas, esqueletes e pantasmas. Durante os tres días anteriores o alumnado trouxo as súas creacións para organizar unha fermosa exposición na entrada do cole. O colexio transformou o seu aspecto habitual por paredes cheas de teas de araña e arañas de diferentes especies e tamaños, esqueletes, cráneos, morcegos, bruxas, pantasmas e demaís elementos terroríficos. |
|||
|
|||
|
|||
En datas recentes os equipos de Normalización Lingüística e Extraescolares vimos de organizar unha nova edición da nosa Cata de Doces de Outono. As familias e o alumnado colaboraron animadamente axudando a elaborar os postres, escribindo as receitas e finalmente degustando as creacións culinarias e explorando as posibilidades gustativas, combinativas e plasticas das castañas. A participación supera ano a ano as expectativas, este ano superou nunha decena de postres á convocatoria anterior, uns 110 doces de tódalas tipoloxias: flans, biscoitos, cremas, bombóns e a creatividade artística non queda atrás. Coas receitas recollidas e as imaxes destes produtos culinarios andamos aínda a rematar a edición do II volume da edición pasada e cando rematemos comezaremos a III edición do libro que recolle tódalas recetas desta edición. O resultado poñerémolo á disposición de tódolas persoas que desexen consultalo e descargalo en formato pdf na web do cole. Agradecese a colaboración das familias. Podedes ver a nova no xornal EL PROGRESO 5 de novembro de 2014.
Clica nesta ligazón para acceder á galería de imaxes da III Cata de Doces do Outono
|
|||
Descargar os documentos que se precisen en adxuntos. Abaixo á dereita. |
|||||||
Lembrade que na Biblioteca temos unha exposición de libros sobre o Samaín e libros de historias de medo para aqueles que se atrevan! A ver se sodes quen de rematar un libro de terrooooorrr!. Neste enlace web dispoñedes de RECURSOS SAMAÍN, con información sobre o Samaín. referencias de libros sobre a temática, manuais para facer cabazas arrepiantes e unha chea de recursos compilados pola coordinadora da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, autora do blogue de biblioteca da porquiña Rosiña, Asunción García. Se clicades en adxuntos tedes a vosa disposión o arquivo imprimible e o editable da nota da exposición e das cartelas para identificarvos a vosa cabaza. Saúdos e Bo Samaín! |
|||||
Disputouse na mañá do domingo 30 a 1ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista do Programa Xogade para a categoría infantil, na que participaron un bo número de atletas procedentes dos colexios, ANPAS e clubes da provincia, no que era o primeiro contacto ca pista ó Aire Libre para a categoría infantil. Na proba dos 80 metros lisos, o máis rápido foi o atleta de Franciscanos, Carlos Alvárez cun crono de 11.68 sg, mentras que na proba feminina Cristina Castedo (Castroverde) foi a máis destacada con 11.78 sg. Nos 150 metros lisos, Pablo Tomé (Franciscanos) e Manuel Arias (Maristas) igualaban crono con 20.65. Nas féminas, triunfo para Lucía López (Franciscanos) Carlos Alvárez (Franciscanos) repetía triunfo nos 500 metros lisos con 1.24 minutos, mentras o seu compañeiro de equipo Hugo Martínez, facía o propio nos 1.000 metros lisos con 3.27. O atleta Cristian Santos (Atletismo Friol) gañaba os 3.000 metros lisos cun tempo de 11.54 minutos. Na proba dos 500 metros femeninos, a atleta de Franciscanos Ana Martínez lograba a victoria cun tempo de 1.32 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Lucía López lograba outra victoria nos 1.000 metros lisos cun crono de 3.21 minutos. Por último, os 3.000 metros lisos eran para a atleta do Lucus Caixa Rural, Sara López, que marcaba un tempo 11.48 minutos. Polo que respecta os valos, Guzmán Carril gañaba os 80 metros valos cun tempo de 16.26 sg, mentras que Pablo de la Iglesia (Maristas) lograba o triunfo na proba dos 220 metros valados con 36.53 segundos. Entre as nenas, doblete para Andrea Reija (Castroverde) nos e nos 220 metros valos. Por último, José Fonseca (Franciscanos) gañaba a proba dos 1.000 metros obstáculos. Na proba dos 3 km marcha, Vanesa Blanco (Atletismo Friol) gañaba a proba, mentras que o seu compañeiro de equipo Marcos Burgo facía o propio na proba masculina. Xa nos concursos, Guzmán Carril (Franciscanos) gañaba a proba de salto de altura cunha marca de 1.25 metros, mentras que nas nenas a victoria era para Lidia Barreira (Lourenzá). Manuel Arias (Maristas) gañaba a proba de lonxitude con 4.71 metros e nas nenas era Lucía López (Franciscanos) quen se impoñía con 4.36 metros. Manuel Arias (Maristas) tamén gañaba o triple salto, mentras Lidia Barreira (Lourenzá) facía o propio na proba femenina. En canto o peso, Adrián Pérez (Franciscanos) e María Carballido (Atletismo Friol) gañaban as súas respectivas probas. David Quiroga (Triscos) gañaba o lanzamento de disco, mentras que María Carballlido (Atletismo Friol) repetía triunfo na mesma disciplina. A atleta de Franciscanos, Uxía Sureda foi a máis forte na proba de lanzamento de xabalina, mentras que entre os nenos foi para Daniel Canto (Insúa Bermúdez). Por último, Carmen Gay (Lucus Caixa Rural) foi a mellor na proba de lanzamento de martelo. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »