Actividade 2
Investigamos e interconectamos os compoñentes
Cales son os aparellos básicos que necesitamos para a nosa gravación?.
Isto é o que terá que descubrir o subgrupo 2 con esta actividade.
Observar, analizar e investigar sobre os dispositivos principais
cos que debe estar equipado un estudio,
axudaranos a coñecer, controlar e interconectar o material
co que debemos contar para gravar o noso disco.
Toda a información recollida reflexarémola no informe de compoñentes:
Ollo!
No apartado AXUDA atoparemos información sobre o equipamento
que debe ter o noso estudio e o seu funcionamento básico.
Tamén podemos ir directamente á nosa aula de música e analizar os propios recursos,
obtendo así información de primeira man.
Ah! E non nos esquezamos de mostrar a retroacción!
Poden aparecer datos imprescindibles para a nosa investigación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0