Saltar navegación

Mesa de mesturas

Mesturando

A mesa de mesturas é unha ferramenta tecnolóxica que nos permitirá ter conectados varios equipos, varias fontes de son, micros e instrumentos simultaneamente a través de varios tipos de conexións de entrada.

m
 Mesa de mesturas



Mediante unha serie de controis poderemos seleccionar cales desas fontes de son queremos que se escoiten ou mesturar varias fontes para que soen simultaneamente.

(Veremos cómo se conectan todos os compoñentes do noso estudio a través da mesa de mesturas no apartado de Interconexións)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0