Actividade 12
Compartimos a nosa experiencia
Rematamos este emocionante obradoiro!
Compartiremos todas as nosas experiencias no MUSIC BLOG.
- DIARIO DE GRAVACIÓN: o subgrupo 3 encargouse durante todo o obradoiro de cubrir o noso diario.
Cada membro fomos incorporando comentarios persoais
a cada sesión de traballo que íamos rematando.
Chega o momento de pechar o diario incluíndo:
- CONCLUSIÓNS GRUPAIS: última entrada na que se faga unha valoración xeral (en grupo)
de todo o obradoiro 3 (pode incluír fotos, cancións e/ou vídeo resumo) e unha despedida.
- LISTA DE CANCIÓNS: crear unha nova páxina e etiqueta coa PLAYLIST de SoundCloud embebida,
para que todo o mundo que visite o noso music blog teña acceso directo ás nosas cancións.
Toda estas experiencias compartirémolas amosando o noso Diario de Gravación
e a nosa lista de cancións a todos os nosos compañeiros e compañeiras de clase.
BO TRABALLO!!!! MELLOR RESULTADO!!!
Suxestión
No seguinte vídeo podemos ver os pasos a seguir para publicar a nosa LISTA DE CANCIÓNS no music blog:
Os pasos a seguir son:
- Crear unha nova páxina e etiqueta coa PLAYLIST de SoundCloud embebida,
para que todo o mundo que visite o noso music blog teña acceso directo ás nosas cancións.
1.- SoundCloud: EMBED PLAYLIST – Copiar código
2.- Blogger: PÁXINA NOVA- HTML – Pegar código – REDACTAR (ver resultado)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0