Actividade 10
Masterizamos
Estamos no remate final do proceso de produción do noso disco!
A masterización consiste na edición xeral de cada canción.
Edítanse todas as pistas da canción nunha única pista estéreo
e perfecciónase co AUDACITY.
Colsultaremos a planificación e organización
feitas na tarefa 2 para saber quen é o técnico/a encargado
de facer esta actividade de masterización en cada canción.
Para que a masterización das nosas cancións quede perfecta botaremos
unha ollada ás competencias técnicas
que o posto de técnico/a de masterización require.
Suxestión
Se visitamos a AXUDA atoparemos moitas ideas e solucións ós diferentes problemas
cos que nos vaiamos atopando cando estemos masterizando.
Se visitamos o noso HOME STUDIO accederemos ós titoriais de todo o software musical que precisamos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0