Actividade 7
Gravamos as nosas cancións
Imos gravar!!! Todo o mundo ó seus postos!!
Seguindo a planificación e organización feitas na fase de Pre-produción (tarefa 2)
saberemos cando e qué imos gravar, así como
qué posto debe ocupar cada membro do grupo en cada momento da fase de produción.
Unha vez que cada membro esté situado no seu posto,
deberemos dominar as competencias técnicas que o noso posto require,
para así desempeñar cada función correctamente e que a gravación saia adiante.
Nas sesións de gravación teremos en conta:
- As competencias técnicas que cada posto requira en cada momento da gravación
- A coordinación: o noso líder dirixirá as sesións de gravación e todos debemos seguir as súas pautas.
O clima de traballo será relaxado pero ordenado. Así todo sairá perfecto!
- A paciencia: ás veces haberá que repetir a mesma pista varias veces,
ata que o técnico/a de son quede satisfeito/a co resultado.
- O silencio: debe ser total, posto que calquer ruído
(risa, tos, silla ou mesa movéndose...) pode estropear a nosa canción.
- A emoción: entregarémonos ó máximo en cada pista que gravemos,
HAI QUE DALO TODO!
Suxestión
Se visitamos a AXUDA atoparemos moitas ideas e solucións ós diferentes problemas cos que nos vaiamos atopando cando estemos gravando.
Se visitamos o noso HOME STUDIO accederemos ós titoriais de todo o software musical que precisamos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0