Actividade 8
Creamos as nosas cancións co Musescore
As nosas cancións ben merecen estar editadas de forma profesional.
Xa sabemos con qué programa quedarán perfectas... o Musescore.
Imos darlle forma a todas as nosas ideas musicais recollidas no informe de composición.
Co Musescore podemos ir compoñendo directamente,
posto que nos da a posibilidade de escoitar o que imos escribindo.
Seranos de moita utilidade ter a man os nosos instrumentos preferidos
(frauta, guitarra, teclado...),
para ir probando cómo soa a música que temos nas nosas cabeciñas.
Unha vez completada a partitura xeral, crearemos as partichelas de cada instrumento.
Subiremos ao noso music blog
a partitura xeral en formato de Musescore (para poder modificala)
e as particellas en formato pdf (para poder imprimilas e ensaialas).
Suxestión
Aquí volvemos a ter os vídeos titoriais de Musescore que tanto nos axudan a solucionar dúbidas.
Podemos acceder a eles tamén dende o HOME STUDIO.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0