Modelos Composición Musical
Exemplo 1
INFORME DE COMPOSICIÓN: BLUES |
|
1.- TÍTULO |
Blues en Azul |
2.- COMPOSITOR |
Rubén Maneiro Integrante do grupo Home Studio Audiovisual xunto con Dj Beat. |
3.- LETRISTA |
Rubén Maneiro |
4.- ESTILO MUSICAL - Características principais |
Blues - Significa melancolía ou tristeza. - Orixe a inicios do século XX nas comunidades afroamericanas de Estados Unidos con influencia da música espiritual, das cancións de traballo e das baladas escocesas e irlandesas. - Tivo gran influencia na música popular occidental: rock & roll, funk, heavy metal, pop, hip-hop. |
5.- VOCES |
Unha voz solista |
6.- TEMÁTICA - Análise da letra |
- Tristura e melancolía Hoxe sinto outra vez a tristura que eu teño de vez en cando non quero seguir así, vou pintar o mar salgado con o ceo moi clareado todo de tono azulado esto farame esquecer o meu ánimo apesarado, porque todas estas cousiñas pintar, cantar blues e mariñas tornan ledo o meu corazón con azul as penas non son. |
7.- INSTRUMENTACIÓN |
- Sección melódica: Voz (melodía principal) Banjo (acompañamento melódico) - Sección rítmica: Guitarra, Baixo, Batería |
8.- RITMO |
-Tempo: Andante, negra= 105 - Compás 12/8 - Patrón rítmico principal, riff: - Instrumentos rítmicos: Batería, Baixo |
9.- MELODÍA - Ámbito (intervalo entre nota aguda/grave) |
- Voz solista Ámbito: do-mi' (10 notas) - Banjo |
10.- HARMONÍA |
- Tonalidade: Do menor - Acordes: I-IV-I-I - IV-IV-I-I – V-IV-I-I - Instrumentos harmónicos: Guitarra, Baixo |
11.- ESTRUTURA - Seccións |
- Blues de 12 compases - 1ª frase, chamada: 4 compases - 2ª frase, resposta: 4 compases - 3ª frase, conclusión: 4 compases |
12.- FORMA (simple, binaria, ternaria, blues) |
- Ternaria |
13.- PARTITURA |
Exemplo 2
INFORME DE COMPOSICIÓN: REGGAE |
|
1.- TÍTULO |
Reggae da Túa Voz |
2.- COMPOSITOR |
Rubén Maneiro Integrante do grupo Home Studio Audiovisual xunto con Dj Beat. |
3.- LETRISTA |
Rubén Maneiro |
4.- ESTILO MUSICAL - Características principais |
Reggae - Naceu a mediados dos anos 1960 en Xamaica como derivación do Rocksteady, Ska, música tradicional africana... - Subxéneros: Roots Reggae, Dub. - Tivo moita influencia na música Pop, Techno ou Rap. - Asóciase á cultura Rastafari. - O artista máis famoso é Bob Marley - Temas persoais, políticos e sociais |
5.- VOCES |
Unha voz solista |
6.- TEMÁTICA - Análise da letra |
- Amor e nostalxia Quixera verte aquí se ti queres pensa que o tempo pasa axiña Ao lembrarme de ti sempre quero volver coma antes a tocar xuntos. A túa voz me dirá que a deixe sentir no fondo de min mesmo e a túa canción me encherá de emoción e me porá moi ledo. (BIS) Quero escoitar a túa voz cantando reggae para volver a sentirte moi preto. Así hei ficar aquí sempre agardando a que a túa voz me fale de ti. |
7.- INSTRUMENTACIÓN |
- Sección melódica: Voz, Teclado (intro) - Sección rítmica: Teclado, Guitarra, Baixo, Batería |
8.- RITMO |
-Tempo: Adagio, negra= 90 - Compás: 4/4 - Patrón rítmico principal: - Instrumentos rítmicos: Guitarra, Batería |
9.- MELODÍA - Ámbito (intervalo entre nota aguda/grave) |
- Voz solista - Ámbito: do-do' (8 notas) |
10.- HARMONÍA |
- Tonalidade: Do Maior -Acordes: I-IV-V7-I I-II7-V7-I I-V7-IV-I VI-II7-IV-I - Instrumentos harmónicos: Teclado, Baixo |
11.- ESTRUTURA - Seccións |
- Intro: 8 compases - Estrofa 1: 16 compases - Retrouso: 16 compases Estrofa 2: 16 compases |
12.- FORMA (simple, binaria, ternaria, blues) |
- Binaria |
13.- PARTITURA |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0