Saltar navegación

Composición Musical

Algunhas ideas

Existen moitos camiños diferentes para compoñer, pero aquí imos ver os dous principais:c

  • A.- Musicar unha letra ou poesía: crear unha melodía e base rítmica e harmónica para unha letra.

          Primeiro se elixe a letra e a melodía e logo se compón a base musical.

  • B.- Compoñer por capas e con loops: a partir dunha base rítmica ou harmónica (loop), vanse engadindo capas:

           Base musical (Ritmo, liña de baixo e acordes), estrutura, melodía e letra.

           Pódense mesturar moitas capas ao mesmo tempo.

           Primeiro se elixe a base e logo se compón a melodía e a letra.

A nosa inspiración indicaranos o camiño axeitado.

Os seguintes pasos guiarannos no proceso de creación musical:

1.- INSPIRACIÓN

phone

  • Pode aparecer en calquer parte: nunha canción que escoitamos nun videoxogo, nunha película ou mesmo no supermercado.

          Tamén pode xurdir dunha melodía que nos ronda pola cabeza.

  • Cada vez que se nos pase pola mente unha idea musical debemos tarareala e gravala inmediatamente para non perdela.

          Un bo recurso é a gravadora do móbil, que sempre vai con nós, pois a inspiración poche chegar en calquer momento.

A inspiración soe ser un proceso individual, aínda que tocando cos compañeiros podemos chegar a inspirarnos moito e a crear temas musicais moi bos.

2.- ESTILO MUSICAL

  • Pensaremos qué estilo musical nos gusta máis a todo o grupo, cal nos apetecería compoñer e interpretar.

          Para elo debemos escoitar moita música diferente, e así poder decidir sobre qué estilo nos gustaría compoñer.

          Na tarefa 1 investigamos numerosos estilos musicais;

         aquí temos algúns exemplos de estilos musicais modernos.

          Escoitalos e estudialos axudaranos a escoller os das nosas cancións.

  • O estilo que elixamos indicaranos:

                   - Os patróns rítmicos e harmónicos principais da canción (riffs), axudándonos a crear as bases musicais ou loops.

                   - Os instrumentos e voces.

                   - A dinámica xeral da canción

3.- ARGALLAMOS OS ELEMENTOS MUSICAISway

Á hora de compoñer a nosa canción podemos comezar por calquer elemento musical, todo dependerá de cómo nos veña a inspiración.

Aquí é onde optaremos por un dos camiños:

A.-  Musicar unha letra ou poesía

B.- Capas con loops

A1. MELODÍA E LETRA

A inspiración pode aparecer en forma de melodía.

Pero tamén pode vir con letra incorporada, pois as cancións non deixan de ser poesías cantadas sobre temas que nos afectan personal ou socialmente.

En grupo, expoñeremos as nosas “inspiracións melódicas e poéticas” e elixiremos a que máis nos convenza.

Incluso podemos xuntar e mesturar as ideas de varios membros, esto sería xenial!

Debemos concretar:

  • Título: atractivo e que esté conectado co tema da canción
  • Estrofas: dan información sobre a historia que estamos contando, os lugares e os personaxes, entrando en detalles.
  • Retrouso: pegadizo, expón os sentimentos da canción.
  • Ter en conta que cada nota da melodía soe equivaler a unha sílaba do texto, e que a acentuación das palabras debe corresponderde coa da música.

A2. BASE MUSICAL: RITMO E HARMONÍA

Deberemos elexir o estilo musical que terá a nosa canción e estudiar qué acordes e patróns rítmicos lle conveñen á nosa melodía.

No apartado de Estilos Musicais temos bases musicais que podemos empregar para compoñer a nosa canción.

A3. ESTRUTURA

Concretaremos as seccións da nosa canción e cómo se organizan (ver abaixo).

B1. BASE MUSICAL: RITMO E HARMONÍA

O estilo musical que elixamos será o punto de partida da nosa canción. Escolleremos os patróns rítmicos e harmónicos que máis se empreguen e crearemos os nosos loops.

No apartado de Estilos Musicais temos bases musicais que podemos empregar para compoñer a nosa canción.


B2. ESTRUTURA

Concretaremos as seccións da nosa canción e cómo se organizan (ver abaixo).

B3. MELODÍA E LETRA

Sobre a base musical definida compoñeremos unha melodía na mesma tonalidade e coa mesma escala que a base, adaptándoa á estrutura preestablecida.

Por último, introduciremos unha letra cunha temática que se adapte á melodía e ó estilo da nosa canción.

Debemos concretar:

  • Título: atractivo e que esté conectado co tema da canción
  • Estrofas: dan información sobre a historia que estamos contando, os lugares e os personaxes, entrando en detalles.
  • Retrouso: pegadizo, expón os sentimentos da canción.
  • Ter en conta que cada nota da melodía soe equivaler a unha sílaba do texto, e que a acentuación das palabras debe corresponderde coa da música.

Estrutura dunha canción

A estrutura ou forma musical das cancións na música popular está formada por seccións que se repiten.

A Estrofa e o Retrouso son as seccións principais.

chain

  • INTRODUCIÓN (Intro): é opcional e soe ser instrumental. Pode formarse con:

                                           - varios compases co acorde principal da canción (I)

                                            - acordes da estrofa ou do retrouso

                                           - solo de batería presentando o ritmo da canción

                                           - solo de voz ou dun instrumento coa melodía principal

  • ESTROFA: todas as estrofas soen ter a mesma melodía, pero cambian a letra. 

          Dan información sobre a historia que estamos contando, os lugares e os personaxes, entrando en detalles.

  • PRE-RETROUSO: é opcional, une a estrofa co retrouso usando uns acordes de transición.

  • RETROUSO: a súa melodía e letra repítense varias veces ó longo da canción.

          Soe contrastar coa estrofa con melodía, ritmo e harmonía diferentes

          e aumentando a intensidade con maior  número de instrumentos.

         A letra soe ser sinxela para facer o retrouso pegadizo, e expresa os sentimentos das canción.

  • PONTE: sección que conecta unha estrofa co retrouso a través de acordes.

          Pode haber unha ou varias pontes ó longo da canción e non ten por qué levar letra, sendo instrumental.

  • SOLO: sección na que un instrumento toca a melodía principal ou improvisa sobre a base instrumental (rítmica e harmónica).

         Pode ser improvisado.

chain

  • CODA: é a sección final da canción. Pode formarse con:

                     - repetición do acorde principal (I)

                     - varias repeticións de progresións harmónicas: ii-V7 ou I-IV-V7 ou do retrouso

                     - os solistas poden improvisar durante a coda.

                     - fade out : baixa a intensidade ata perder o retrouso final.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0