Saltar navegación

Actividade 4

Eleximos e analizamos cancións

4Temos que decidir con qué cancións imos dar a nota!

Son moitas as cancións que nos gustaría interpretar,

pero debemos centrarnos e decidir entre todo o grupo as 2 mellores,

tendo en conta estos criterios:

  • Que o estilo da canción se adapte ó noso grupo musical.

  • Que a dificultade de interpretación sexa asequible para nós, aínda que sabemos que teremos que ensaiar e traballar moito.

E para que o noso repertorio sexa atractivo e variado, elexiremos 2 cancións con estilos musicais diferentes.

Unha vez elexidas as 2 cancións deberemos investigar sobre elas e analizalas polo miúdo,

para chegar a coñecelas tanto coma se fosen compostas por nós mesmos.

Cada grupo cubrirá un informe da análise para cada canción orixinal ( 2 informes en total),

onde quedará recollida e analizada toda a información que atopemos:informe

Coa información recollida nos informes faremos unha presentación dos 2 clásicos.

Subiremos a presentación ó music blog e, coma sempre, faremos comentarios individuais sobre as cancións.

music_blog

Ollo!

Na AXUDA temos un exemplo para cubrir o informe de análise da canción orixinal.

Suxestión

No DISCO CLUB podemos escoitar moitas cancións

e elexir as que máis nos gusten para versionar o noso grupo:

discoclu

Para a presentación podemos ter en conta as suxerencias dadas na actividade 3 deste obradoiro.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0