Análise canción orixinal
Exemplo Actividade 4
INFORME |
|
1.- TÍTULO ORIXINAL - Data de composición |
Canon en Re Maior - 1680 aprox. |
2.- COMPOSITOR / A - Breve biografía musical |
Johann Pachelbel (1653-1706). Famoso compositor e organista alemán do Barroco. O seu estilo musical é sinxelo, con melodías e harmonías claras. Explorou moitas técnicas musicais, contribuíndo ó desenvolvemento da fuga. A súa música influíu na dos compositores posteriores. |
3.- LETRISTA |
Música instrumental, sen letra. |
4.- GRUPO/ ARTISTA INTÉRPRETE - Breve biografía musical |
Moitos conxuntos instrumentais interpretan esta peza musical. |
5.- ESTILO MUSICAL - Características principais |
Barroco Musical (1600-1750). Estilo musical caracterizado por: - Desenvolvemento da tonalidade - Ritmo claro e sinxelo - Fortes contrastes sonoros - Improvisación - Uso do baixo continuo (un ou varios instrumentos harmónicos acompañan á melodía ó longo de toda a peza musical) |
6.- VOCES - Tipos de voces |
Música instrumental, sen voz |
7.- TEMÁTICA - Análise da letra |
Música instrumental, sen letra. |
8.- INSTRUMENTACIÓN - Sección melódica - Sección rítmica |
Orixinal: 3 violíns e baixo continuo (violonchelo e clavicémbalo) Existen moitas versións e arranxos con diferentes instrumentos. |
9.- RITMO - Tempo (velocidade) - Compás - Patrón rítmico principal - Instrumentos rítmicos |
- Constante, sen variacións. - Adagio - Compás 4/4 - Patrón rítmico: - Violonchelo |
10.- MELODÍA - Instrumentos melódicos - Ámbito (intervalo entre nota aguda/grave) |
- Clara - Violíns - Ámbito: sol, - re' (19 notas) |
11.- HARMONÍA - Tonalidade - Acordes - Instrumentos harmónicos |
- Clara - Tonalidade: Re Maior - Acordes: Re Maior, La Maior, Si menor, fa# menor, Sol Maior - Progresión de acordes: I-V-VI-III-IV-I-IV-V - Baixo continuo: clavicémbalo |
12.- ESTRUTURA - Seccións (intro-estrofa-retrouso-ponte-coda...) |
Canon con 28 variacións que se van imitando e superpoñendo sobre un ostinato que non varía (repetíndose formando un loop) |
13.- FORMA (simple, binaria, ternaria, blues) |
Canon: imitación de 3 voces separadas por un intervalo temporal de 2 compases. |
14.- ENLACES - Partitura - Vídeo oficial - Páxina oficial do grupo/artista - Imaxes |
Partitura: Compositor: Peza musical: |
15.- Anécdotas / premios |
Aínda que é unha peza moi antiga, está en permanente actualidade. Emprégase en moitos actos e celebracións (como nas vodas...). Na partitura orixinal hai unha Xiga (danza) despois do canon, pero non é moi coñecida. |
16.- Por qué eleximos esta canción |
É unha peza mundialmente coñecida e moi pegadiza. É fácil de interpretar. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0