Actividade 3
Expoñemos os resultados da investigación
De novo no grupo, recopilamos os informes e realizamos unha presentación.
Porémonos dacordo no deseño e deslumbrando aos demáis coa nosa creatividade!
Xa coñecemos máis en profundidade os principais estilos musicais modernos, sabemos cómo son as súas tripas, polo tanto,
estamos preparados para elexir os que máis nos gusten e comezar a crear música!.
Compartiremos todo o coñecemento subindo a presentación conxunta da investigación coma unha nova entrada no noso music blog.
Coma sempre, cada membro fará un breve comentario sobre a tarefa realizada.
Asimesmo, faremos a presentación oral para toda a clase.
AHÍ ESTAMOS, DANDO A NOTA!!!
Suxestión
No obradoiro 1 xa fixemos unha presentación. Agora podemos repetir a ferramenta ou escoller unha nova.
Aquí temos algunhas suxerencias:
Tamén podemos darlle á nosa investigación un formato distinto, por exemplo creando unha liña de tempo,
na que os estilos musicais se organicen de xeito cronolóxico.
Se o grupo se interesa por este formato, botaremos unha ollada a estas ferramentas para crear liñas de tempo:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0