Saltar navegación

Actividade 2

Informe individual de estilos musicais

2Tócanos investigar individualmente sobre os estilos musicais escollidos.

A nosa investigación deberá centrarse nos seguintes aspectos para cada un dos estilos:

  • Orixe e influencias musicais: en qué contexto social e cultural xorde o estilo e

         que outros estilos musicais influenciaron nel.

  • Características musicais:

                            - Instrumentación: instrumentos que máis se empregan á hora de interpretar o estilo,

                             cales son os máis importantes.

                            - Estrutura das cancións: tipo de esquema xeral que soen seguir as cancións.

                            - Ritmo: compás habitual, velocidade, patróns rítmicos que seguen, instrumentos rítmicos.

                            - Melodía: escalas nas que soen compoñerse as melodías, tipos de voces e instrumentos,

                             temas que tratan as letras.

                            - Harmonía: escalas, progresións harmónicas (acordes máis importantes), notas pedais,

                              instrumentos harmónicos.

  • Enlaces a exemplos: imaxes, sons, ou vídeos que nos axuden a entender mellor o estilo musical e

          que amosen as cancións que mellor o representan.

O esquema a seguir na investigación témolo neste informe:informe

Suxestión

Na AXUDA temos algúns Estilos Musicais analizados que nos poden axudar na nosa investigación.

Suxestión

Cando queremos coller un texto, unha imaxe, un vídeo ou un son de Internet debemos ter en conta a quen pertencen, pois alguén os creou.

Polo tanto, esa persoa tennos que dar permiso para que nós poidamos empregar o seu recurso nos nosos traballos.

Se buscamos recursos con licenza Creative Commons estamos asegurando que podemos usar e modificar eses textos, imaxes, vídeos ou sons con permiso

(aínda que temos que recoñecer quen é o autor/a).

Licencia de Creative Commons
                                                                                     Licenza de Creative Commons Recoñecemento.

Os textos podemos atopalos en páxinas como a Wikipedia.

Neste buscador podes atopar recursos con este tipo de licenzas para empregar na nosa investigación e en todos os traballos que realicemos:

cc

Os recursos de Dominio Público poden ser utilizados por calquer persoa, sen necesidade de recoñecer ao autor/a.

Se queres imaxes de dominio público podes acudir aquí: dp

Para obter sons de dominio público: dp

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0