Proceso de selección para titulados superiores na familia profesional de Química

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, abrirá en breve a listaxe de contatación temporal de técnicos para o Laboratorio de Radiofármacos PET de Santiago (Ciclotrón).

Requisito: titulado superior de FP na familia profesional de Química e posuír a acreditación da capacitación de operador de instalacións radioactivas.

A acreditación podes presentala en calquera momento, -unha vez empece a funcionar a listaxe-. Para inscribirse só é preciso acreditar a titulación.

2º Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2012. Aberto o prazo de inscrición

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2012. Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e enmarcado en Spainskills e na organización internacional Worldskills, Galiciaskills 2012 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Prazo de inscrición: 1 de febreiro ata o 31 de marzo de 2012.

Etiquetas: 

Probas de acceso. Inscrición grao superior

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

O prazo  remata o 3 de febreiro de 2012.

- Máis información

Actividade de formación. Regulamento de infraestruturas comúns de telecomunicacións.

O CIFP Politécnico de Santiago xunto a Dielectro Industrial S.A., dentro das actividades de formación da aula Schneider, organiza una xornada de formación sobre o regulamento de infraestruturas comúns de telecomunicacións – ICT 2.

Probas de acceso. Convocatoria 2012

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2012.

A convocatoria pódese consultar na Resolución do 12 de xaneiro de 2012, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2012.

- Resolución de probas de acceso 2012

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2012

Publicada a Orde do 15 de decembro de 2011 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012.
  
- Ver a Orde do 15 decembro de 2011

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral técnico electrónico en Televisión de Galicia S. A.

Requisitos:
Posuír Ciclo Superior de Instalacións electrotécnicas, Ciclo Superior de Desenvolvemento de productos electrónicos, Ciclo Medio de Equipos electrónicos de consumo, Ciclo Superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e informáticos ou equivalentes.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2012

Orde do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

Carta Erasmus 2012

A axencia executiva de educación, audiovisual e cultura da comisión europea rematou o proceso de selección e concesión de cartas erasmus “the Erasmus University Charter Selection 2012” (decision(2011) 1305868).

Os centros educativos da nosa comunidade aos que se lle concedeu a carta erasmus nesta convocatoria, son os seguintes:

Convocatoria do proxecto RetoAlcoa

A Fundación Alcoa e a Fundación Junior Achievement España no seu labor formativa e social no ámbito do emprendemento, pon en marcha, por décimo ano consecutivo, o programa RetoAlcoa; un  programa de emprendemento para mozos e mozas que ten como obxectivo mellorar as capacidades e as habilidades empresariais e emprendedoras do alumnado, aprendéndolles a dirixir unha empresa.

Etiquetas: 
Distribuir contido