Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 24/25

Publicada a listaxe provisional de persoas seleccionadas e excluídas para cada ensinanza ofertada na modalidade B do programa Retorna Talento FP 2024/2025.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da Comisión de Valoración.
Etiquetas: 

Resolución da Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024/25

Publicada a Resolución do 2 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dá continuidade á Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024/25, creada pola Resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

•    Resolución do 2 de agosto de 2024.

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües. Curso 2024-2025

Publicada a Resolución do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Etiquetas: 
Distribuir contido