TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral técnico electrónico en Televisión de Galicia S. A.

Requisitos:
Posuír Ciclo Superior de Instalacións electrotécnicas, Ciclo Superior de Desenvolvemento de productos electrónicos, Ciclo Medio de Equipos electrónicos de consumo, Ciclo Superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e informáticos ou equivalentes.

Inscripción:
Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba.

Período de inscrición:
O período de inscrición remata o 25 de xaneiro de 2012, ás 12:00 horas.

- Máis información

Etiquetas: