2º Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2012. Aberto o prazo de inscrición

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2012. Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e enmarcado en Spainskills e na organización internacional Worldskills, Galiciaskills 2012 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Prazo de inscrición: 1 de febreiro ata o 31 de marzo de 2012.

- Máis información
  

 

Etiquetas: