Contamos coa oportunidade de desfrutar ata o día 23 de abril da exposición Enredadas no Cambio da ONG Taller de Solidariedade.
Trátase dunha exposición fotográfica en torno á figura de 7 mulleres emprendedoras dos distintos lugares do mundo. Por tanto, o obxectivo da exposición é ofrecer referentes femininos que axuden a transformar o concepto de éxito empresarial e que contribúan á promoción da igualdade de xénero e ao empoderamento feminino.
Agardamos que toda a comunidade educativa desfrute dnun xeito coidadoso da mostra que temos ao noso cargo durante estes días.
Pódese consultar máis información sobre a mesma no seguinte enlace.
Mostra Enredadas no Cambio. Imaxe de Marta Coria