Skip to Content

Visita á Sala Porta Miñá

O alumnado de 2ESO visitou a Sala de exposicións Porta Miñá onde puido coñecer a evolución da cidade de Lucus Augusti dende a súa fundación entre o 15-13 a.C e a chegada dos suevos. 

Durante a visita puideron contemplar distintas fontes de información da época romana tanto primarias como secundarias. O audiovisual final axudou a comprender mellor como era a vida en Lugo en época romana.

pista

Alumnado de 2ºC completando o xogo de pistas.

Visita ao Centro Arqueolóxico de San Roque

O alumnado de 2ºBAC de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia visitou o Centro arqueolóxico de San Roque.

Este espazo conserva un estanque ritual romano do s. I coa peculiaridade de ter dúas gárgolas que poderían representar aos deuses exipcios Isis e Amón.

Tamén viron un forno do s.III no que se elaboraban tégulas e pezas de construción. A exposición conta con dúas formas de enterramentos: incineración e inhumación onde se pode ver a colocación desas tégulas. 

san roque

Estanque ritual do s.I. Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

Visita á Domus do Mitreo

O alumnado da materia optativa Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia de 2ºBAC visitou a Domus do Mitreo. Neste centro visitaron as ruinas da antiga vivenda romana do centurión Gaio Víctor do s. I. Xa de época posterior, do s. III, é o templo adicado ao deus Mitra. Ademais da domus e o mitreo, o alumnado quedou sorprendido polos cimientos da muralla que se poden observar e amosan a altura orixinal.

 

Alumnado moi atento ás explicacións do guía.

Visita á Sala Porta Miñá

O alumnado de 2ºBAC da materia Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia visitou o pasado venres 10 de outubro a Sala de Exposicións Porta Miñá.

Contamos cunha visita guiada de Javier que nos explicou con moita claridade como foi a configuración da cidade de Lugo dende as súas orixes ata o seu ocaso. Na sala puidemos observar numerosas fontes de información da etapa romana da cidade de Lugo. Por último, vimos un vídeo que resumía a construción da muralla.

visita

Visita a Sala Porta Miñá. Marta Coria. CC BY-SA

FORMACIÓN DE PROFESORADO

O profesorado do IES Xoán Montes participa ao longo deste curso en diferentes actividades enmarcadas no Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).

Este curso o plan inclúe cinco actividades organizadas na modalidade de seminario que terán unha duración de 20 horas cada unha.

A primeira actividade céntrase no "Traballo e avaliación de competencias na aula virtual".

formación

Seminario "Traballar e avaliar competencias na aula virtual". Marta Coria. CC BY-SA

Noraboa pola participación e décimo posto na fase inicial de clasificación do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

Hoxe 18 de outubro, ás 12 horas, estaba convocada a clase de 2º da ESO C, para a fase inicial de clasificación da III edición do concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE!

O concurso se enmarca dentro das actividades do III Encontro CIBER.gal organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal xunto co espazo abalar da Xunta de Galicia e Telefónica. 

Consistía en contestar 10 preguntas en Kahoot en liña, á vez que outras moitas aulas de centros de toda Galicia, no apartado de 1º e 2º da ESO. Obtíñanse máis puntos por contestar ben e en menos tempo.

O alumnado de Proxecto Competencial esmerouse na actividade, aínda que non tivemos moito tempo para a preparación, cada pregunta foi analizada, contestada e celebrada ou lamentada (estas as menos) con gran intensidade. 

As respostas, que eran a preguntas relacionadas co tema da ciberseguridade, despois do tempo fixado eran explicadas para aclarar cal era a correcta, así que resultou un concurso didáctico, e todo o proceso en si enriquecedor.

Para profundizar no tema de ciberseguridade entrar en https://www.incibe.es/

Recollemos unhas fotos como mostra do entusiasmo do alumnado.

 

Fotos de Mª Beatriz López Soto CC BY-SA

Obradoiro "Desata a lingua"

O 17 de outubro levouse a cabo o obradoiro Desata a lingua co alumnado de 1ºESOA. A intención desta actividade é promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de dous puntos do manifesto en cada un deles.

O alumnado estivo acompañado pola escritora Ana Carreira para tentar analizar a situación da lingua galega partindo das súas percepcións e acompañándoas de datos reais. Este foi o punto de partida para analizar as diferentes maneiras de expoñer as ideas que queremos transmitir e a súa redacción. O resultado deste obradoiro formará parte do manifesto colectivo do Correlingua 2024 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galiza.

correlingua

Obradoiro "Desata a lingua". Fotografía de Adrián Laureda

Distribuir contido


by Dr. Radut