Skip to Content

COMPROMISO COVID 19

No apartado 8 do Plan de adatación ao contexto COVID, posto en coñecemento do Consello Escolar o día 17 de setembro,  figura  o seguinte: O centro non vai establecer mecanismos para a identificación de síntomas nos alumnos á entrada ao mesmo. Pedirá ao principio do curso unha declaración responsable dos proxenitores ou titores legais, empregando para esa fin o modelo que se adxunta como anexo I a este documento.

ACCESO E SAÍDA AULAS ALUMNADO

No documento figuran as portas de acceso ao centro/saída do centro por parte do alumnado segundo a aula á que se dirixan. 

HORARIO DEFINITIVO CURSO 20/21

           PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-21

MODIFICACIÓNS NO HORARIO DO CENTRO PARA O CURSO 2020-21:

MAÑÁS: 2 QUENDAS 

Fondo de libros

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos do Fondo de Libros

Emotiva despedida do alumnado de 2 BAC

O pasado venres 10 de xullo o IES Xoán Montes brindou unha despedida moi especial ao alumnado de 2 BAC deste curso. A incertidume sanitaria non freou os desexos do equipo docente de brindar unha agarimosa despedida ao alumnado recén graduado, polo que se deseñou unha proposta adecuada ás novas circunstancias, tanto no aspecto organizativo como no enfoque do mesmo.

No patio do centro educativo celebrouse unha orixinal homenaxe que quixo prestar especial atención ao aspecto emocional que implica este peche de etapa e que resulta especialmente necesario nos momentos de inseguridade e illamento que estamos a vivir. O seguinte vídeo condensa todas as intensas emocións vividas ese día, agardemos que vos guste!

Libros de texto curso 20-21

Lista dos libros para o curso 20-21

Irmandade coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana en Lugo (Italia)

Dende finais de xaneiro o IES Xoán Montes iniciou un bonito proxecto coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana situada na cidade homónima á nosa situada na rexión italiana de Emilia Romaña. No abeiro do programa e-Twinning, estableceuse o contacto entre o profesorado e alumnado dos dous centros e deseñáronse distintas propostas didácticas multidisciplinares.

Na prensa local de Ravenna fixéronse eco desta actividade, preme aquí para ler a noticia. (A noticia está en italiano, pódese ler aquí a tradución a galego).

 

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA CURSO 20/21

Dada a situación actual, o proceso de matrícula para o vindeiro curso farase conforme ao seguinte calendario e normas normas: CALENDARIO E NORMAS.

Consulte toda a información en SECRETARÍA: PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.

CUALIFICACIÓNS 2º BACHARELATO

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS NO ABALAR: LUNS, 8 de xuño, a partir das 21:00

ENTREGA BOLETÍNS ASINADOS POR TITORES: 

2º BAC-A : 10:40 - XIMNASIO 

2º BAC-B: 10:40 - AULA 005

Información da ABAU

Aqui tedes información sobre a ABAU

PAGAMENTO TAXAS EXPEDICIÓN TÍTULO BAC (o que figura na info é un MODELO para ver os códigos)

Protocolo publicado o 5/06

Distribuir contido


by Dr. Radut