Skip to Content

Emotiva despedida do alumnado de 2 BAC

O pasado venres 10 de xullo o IES Xoán Montes brindou unha despedida moi especial ao alumnado de 2 BAC deste curso. A incertidume sanitaria non freou os desexos do equipo docente de brindar unha agarimosa despedida ao alumnado recén graduado, polo que se deseñou unha proposta adecuada ás novas circunstancias, tanto no aspecto organizativo como no enfoque do mesmo.

No patio do centro educativo celebrouse unha orixinal homenaxe que quixo prestar especial atención ao aspecto emocional que implica este peche de etapa e que resulta especialmente necesario nos momentos de inseguridade e illamento que estamos a vivir. O seguinte vídeo condensa todas as intensas emocións vividas ese día, agardemos que vos guste!

O alumnado foi o absoluto protagonista da actividade e, arroupado polo seu profesorado, depositou nun baúl un escrito ou obxecto significativo simbolizando os seus desexos, compromisos, ilusións ou recordos e lembranzas da súa época no centro. 

A convocatoria para a ocasión levouse a cabo tamén dun xeito singular, xa que os rapaces e rapazas recibiron nos seus domicilios unha misiva rubricada polo mismísimo Xoán Montes que os emprazaba a esta despedida, unha vez rematadas as probas da ABAU (ver adxunto).

A reapertura do bául, que quedará atesourado no centro, levarase a cabo dentro de 5 cursos, momento no que terá lugar un reencontro no que celebrar a consecución deses desexados compromisos persoais. Con esta actividade o centro IES Xoán Montes quixo brindar todo o seu afecto e empuxe ao alumnado no peche e inicio dun novo ciclo nas súas vidas a todos os niveis. O lema que presidiu o acto así llo recordaba: Chegou a hora dos adeus pero recordade: sexades o que sexades o IES Xoan Montes sempre será a vosa casa”.

O Progreso fíxose tamén eco deste día na súa edición do día 20/07/20.

 

 

AdxuntoTamaño
Carta de Xoán Montes.pdf835.45 KB


page | by Dr. Radut