Skip to Content

25N DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A Organización das Nacións Unidas (ONU) publicou os seguintes datos a nivel mundial en relación á violencia de xénero que nos deben facer reflexionar sobre que está fallando na nosa sociedade:

  • 1 de cada 3 mulleres sufriu, sufre ou sufrirá algún tipo de violencia de xénero
  • Cada 11 minutos, unha muller ou nena morre asasinada por un familiar. 

Un ano máis, dende o IES Xoán Montes, decidimos visibilizar a gravidade deste problema estrutural que nos afecta a todos e a todas.

Hoxe, 25 de novembro ás 12:00 horas, interrompemos a nosa rutina diaria, para gardar un minuto de silencio en recordo das vítimas de violencia de xénero apoiando así a iniciativa do Observatorio Galego da Violencia de Xénero.

25n

Minuto de silencio. Inés Iglesias. CC BY-SA

INSTRUCIÓNS XESTIÓN POSIBLES CASOS COVID CURSO ACTUAL

Ante as dúbidas plantexadas os últimos días respecto á actuación no caso de que un alumno ou calquera membro da comunidade educativa presente síntomas propios de enfermidade provocada polo COVID,  recordámoslles  que as instrucións publicadas a principio de curso están en vigor. 

HORARIO PRESENTACIÓNS ESO E BACHARELATO CURSO 22-23

  

CURSO

INICIO CURSO ESCOLAR 22-23

A data de inicio do curso escolar 2022-23 é o xoves, 8 de setembro. 

En breve vai publicarse nesta páxina o horario das presentacións dos grupos co seu titor ou titora, que se farán o 8 de setembro. 

As clases comenzarán o venres, 9 de setembro, ás 9:00.

Libros de texto

Relación de libros de texto para o curso 2022-2023

Fondo de libros

Publicado no tablón de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo de libros.

FIN DE CURSO 2021-2022

foto 4ESO

Fin de curso 4ESO. Marta Coria. CC BY-SA

I Concuro de ideas: HUMANISING OUR SCHOOL

Hoxe entregamos os premios do I Concurso de ideas en inglés "Humanising our school". 

O alumnado de 2° ESO realizou un proxecto fin de curso coa mente e o corazón postos en valorar a contorna e mellorala.

Impórtanos o medio ambiente! Estamos orgullosos do noso patrimonio e poñemos o foco no benestar das persoas!

 

Grazas ao xurado do concurso e ao alumnado que se entregou a traballar en equipo!


parede 1

parede 2

parede 3

I concurso de ideas Humanising our school. Inés Iglesias. CC BY-SA

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de boletíns das avaliacións final e extraordinaria farase na aula de grupo por parte dos titores nas seguintes datas e horario: 

2º BAC: XOVES, 23 DE XUÑO, ÁS 10:00

1º BAC: LUNS, 27 DE XUÑO, ÁS 9:00

ESO: MARTES, 28 DE XUÑO, ÁS 9:00

(Tamén se entregarán os consellos orientadores nos cursos 2º e 4º)

Para revisar probas e exames póñanse en contacto ou pidan cita co profesor da materia.

PAULA LAMAS, 2º PREMIO NA CATEGORÍA ARTIGOS DE OPINIÓN DE PRENSA-ESCOLA

A alumna Paula Lamas de 1ºBAC do IES Xoán Montes vén de recibir un premio dentro do programa Prensa Escola de La Voz de Galicia levado a cabo neste curso na materia de Economía.

Paula, acompañada pola profesora de Economía Lara Oliveros, recibiu na cidade da Coruña o 2º premio na categoría de opinión, na modalidade xuvenil, cun artigo sobre o consumo excesivo e poñendo a atención na Lei das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Recibiu 

Noraboa Paula polo teu artigo, polo 2º premio acadado e, especialmente, por difundir a necesidade de coidar o medio ambiente. Soamente temos un planeta!

Paula Lamas Paula Lamas2

Recollida do premio de Paula Lamas. Fotografía de Lara Oliveros. CC BY-SA

Licencia de Creative Commons

Distribuir contido


by Dr. Radut