A Organización das Nacións Unidas (ONU) publicou os seguintes datos a nivel mundial en relación á violencia de xénero que nos deben facer reflexionar sobre que está fallando na nosa sociedade:
- 1 de cada 3 mulleres sufriu, sufre ou sufrirá algún tipo de violencia de xénero
- Cada 11 minutos, unha muller ou nena morre asasinada por un familiar.
Un ano máis, dende o IES Xoán Montes, decidimos visibilizar a gravidade deste problema estrutural que nos afecta a todos e a todas.
Hoxe, 25 de novembro ás 12:00 horas, interrompemos a nosa rutina diaria, para gardar un minuto de silencio en recordo das vítimas de violencia de xénero apoiando así a iniciativa do Observatorio Galego da Violencia de Xénero.
Minuto de silencio. Inés Iglesias. CC BY-SA |