Hoxe 2 de abril puidemos desfrutar dunha actividade distinta, moi participativa e enriquecedora.
A participación no programa Empresa familiar nas aulas abriu a posibilidade de participar tamén no concurso Emprender é soñar Apúntaste?, que se centra no emprendemento dentro do marco da economía circular.
A iniciativa consistiu nun obradoiro de 3 horas de duración onde o alumnado en grupos identificou necesidades ou oportunidades, creou un concepto de empresa, conceptualizou productos ou servizos, deseñou e prototipou as súas ideas, culminando nunha presentación do seu proxecto.
Este obradoiro combinou pensamento crítico, creatividade, uso de intelixencia artificial e xenerativa e metodoloxía de deseño para guiar aos estudantes no desenvolvemento dos seus proxectos, todo organizado pola empresa Vermislab, as tres monitoras que guiaron o obradoiro, con gran experiencia nestas actividades, propiciaron a participación e o bo ambiente.
O noso agradecemento ao profesorado que prestou as súas clases para poder realizar este extenso obradoiro. Grazas pola colaboración!
Neste mes de abril os grupos deberán perfeccionar a presentación e mandala para participar no concurso, pero levan xa moito percorrido.
Obradoiro de creación no IES Xoán Montes Fotos de Beatriz López CC BY-SA