Skip to Content

Grazas a Taller de solidaridade e ás enredadas no cambio

Hoxe 22 de maio tivemos a sorte de poder desfrutar, como colofón á actividade realizada durante o mes de abril, de dinamización do emprendemento e exposición de Enredadas no cambio, da experiencia de dúas das protagonistas de Enredadas.

Invonnsabel Zambrano, estilista colombiana e Sofía Vázquez Manzano, cooperativista de Mulleres colleiteirasacompañadas de Luz Marina Monsalve, traballadora social da institución San José Obrero, que promove a formación profesional de xoves en situación de vulnerabilidade en Medellín, Ana Silva Romero e Rafael Veiga de Diego, da ONG Taller de Solidaridade achegáronnos as súas experiencias durante dúas sesións.

O alumnado de 2º da ESO, e de 4º da ESO da materia Economía e Emprendemento, puido coñecer de primeira man a situación das familias en Medellín, de como as mulleres loitan por labrar o seu porvir e o das súas familias... e non so en Colombia senón tamén ben pertiño, mulleres desfavorecidas da Coruña como Sofía, que perseguíu e conseguíu o seu soño de ser independente favorecendo a sostenibilidade.

Grazas por compartir connosco a vosa experiencia e enerxía inspiradora.

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA 

Exames convocatoria extraordinaria 2º BAC e pendentes de 1º BAC

Calendario de exames para 2º BAC, convocatoria extraordinaria.

Fondo libros curso 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2024/25

 

Prazo: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

 

Toda a información nos arquivos adxuntos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Luísa Villalta

No IES Xoán Montes celebramos as Letras Galegas 2024 que este ano adícase á figura de Luísa Villalta!

Durante os recreos proxectamos este fantástico vídeo de homenaxe elaborado polo alumnado de 1ºESO coordinados pola profesora Ana Rico. O cartel que serve de portada foi elaborado polo alumno de 1ºESO Mario Vázquez.  

Vídeo homenaxe a Luísa Villalta elaborado por alumnado de 1ºESO

Noraboa a Lucía Ramil polo seu premio no XIV Concurso de marcapáxinas Letras Galegas

Queremos dar a noraboa a alumna Lucía Ramil de 2º BAC por gañar un accésit no 14º Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2024, organizado polo IES San Clemente. Como sabedes, este ano adícase á figura de Luísa Villalta e Lucía compuxo un fermoso marcapáxinas para a ocasión.

marcapáxinas

 

ABAU 2024 MATRÍCULA ORDINARIA

Ligazón á documentación a presentar para matricularse na ABAU 2024Lembrade que o prazo límite para a matrícula nas probas ABAU 2024 é o día 16 de maiode 8:30 a 14:30 

Deberedes acudir a Administracion do centro coa documentación en regra indicada no adxunto para formalizar a matricula e co teléfono móbil que facilitastes nos vosos datos.

Podedes realizar os pagos das taxas no momento no que teñades a confirmación da promoción, que se enviará por ABALAR o día 15 de maio unha vez finalizada a avaliación.

No adxunto encontraredes os ligazóns de acceso aos documentos para cumprimentar a matrícula e para realizar os pagos das taxas.

Peche da Liña Emocional do Plan de Formación do Profesorado do IES Xoán Montes

A Liña Emocional do IES Xoán Montes acaba de rematar a súa formación por este curso, e que mellor resumo que esta imaxe de diversidade, como unha maneira de axudarnos a recordar que todas e todos os alumnos son únicos, diferentes, perfectos e marabillosos. 

diversidade

A beleza da Diversidade. Imaxe de Inés Iglesias

Bolsas e axudas para alumnado con necesidad específica de apoio educativo

O Ministerio de Educación acaba de abrir o prazo para a solicitude de "Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo". 

O prazo está aberto dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Podes consultar toda a información aquí.

bolsas

Saída extraescolar de 1ºESO a Lalín

O alumnado de 1ºESO desfrutou dunha completa xornada visitando a zona de Lalín organizada polo Departamento de Galego. Pola mañá aprenderon a facer pan na casa do Patrón. Aproveitando que o tempo acompañaba, deron un fermoso paseo polos arredores da casa do Patrón. A xornada finalizou no Pazo de Liñares onde se ubica o Museo do xoguete e as marionetas.

Velaquí unhas imaxes que ilustran a xornada:

pan 

Aprendendo a facer pan. Imaxe de Adrián Laureda

Distribuir contido


by Dr. Radut