O alumnado de 1ºESO desfrutou dunha completa xornada visitando a zona de Lalín organizada polo Departamento de Galego. Pola mañá aprenderon a facer pan na casa do Patrón. Aproveitando que o tempo acompañaba, deron un fermoso paseo polos arredores da casa do Patrón. A xornada finalizou no Pazo de Liñares onde se ubica o Museo do xoguete e as marionetas.
Velaquí unhas imaxes que ilustran a xornada:
Aprendendo a facer pan. Imaxe de Adrián Laureda
Paseo nos arredores da Casa do Patrón. Imaxe de Adrián Laureda
Paseo nos arredores da Casa do Patrón. Imaxe de Adrián Laureda
Pazo de Liñares. Imaxe de Adrián Laureda
Pazo de Liñares. Imaxe de Adrián Laureda