Skip to Content

Conferencia "Luz ó Deporte" con Pedro Munitis

O martes 17 de Outubro realizouse unha segunda saída incluída dentro do ciclo de conferencias “Luz ó Deporte” organizadas pola Fundación Breogán. Nesta ocasión o relator foi Pedro Munitis, ex-xogador internacional de fútbol e actual adestrador do CD Lugo. 

A sesión transcorreu dun modo ameno por realizarse a modo de entrevista, e a traxectoria profesional de Pedro Munitis resultou moi interesante e formativa. Contou como con ilusión e moito esforzo, logrou sendo dunha familia humilde e sen conexión co Deporte, ser unha figura internacional e profesionalizarse para poder continuar ligado á competición desde a figura de adestrador.

 

Falou aos alí reunidos da importancia de sacar aprendizaxes das adversidades (a resiliencia) e do importante que é o traballo en equipo. Todo iso baseándose en experiencias vitais persoais. Os alumnos asistentes expuxeron varias cuestións ao finalizar a sesión, sinal do interese que xerou a traxectoria desta figura do deporte lucense.

Pedro Munitis

Pedro Munitis. Fotografía de María Inmaculada Rodríguez

Obradoiro Parque Eólico Exerimental Sotavento

Os alumnos de 1º de ESO participan nos obradoiros desenvolvidos por especialistas procedentes do Parque Eólico Experimental Sotavento.

Durante esta xornada aprenderon a orixe da enerxía que consumimos na nosa vida diaria e que únicamente o 42% da enerxía eléctrica en España procede de fontes renovables. Tamén se insistiu na importancia de aforrala, con xestos diarios tan sinxelos como desconectar os aparellos electrónicos durante a noite ou as luces dunha habitación cando saímos dela,  xa que,

 

 A ÚNICA ENERXÍA LIMPA É A QUE NON SE CONSOME!!!

 A enerxía nos ilumina. Fotografía de Amparo Veiga

Hoxe 2 de outubro conmemórase o día da Educación Financeira

 

O lema deste ano é Finanzas inclusivas, finanzas para todos. 

A semana do 2 ao 6 de outubro realizaranse nas distintas clases de Economía e Formación e orientación persoal e profesional un obradoiro sobre educación financeira onde se tratarán distintos temas como a seguridade financeira, a importancia do aforro, o consumo intelixente e sostible, os tipos de tarxetas bancarias, banca dixital...

Hai moitos recursos, non so para este día, de interese:

Finanzas para todos

Portal do cliente bancario do Banco de España

Edufinet

Charla con ex-xogador de baloncesto Sergi Grimau

O alumnado 2ºESO tivo a ocasión de asistir á charla de Sergi Grimau "Luz ao Deporte" organizada pola Fundación Breogán.

Ao comezo da sesión, Sergi compartiu cos rapaces momentos da súa traxectoria profesional e persoal. A continuación, dun xeito moi dinámico explicou a importancia de valores que nos axudan a afrontar a vida con facilidade e felicidade: traballo en equipo, confianza, motivación, talento, etc.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO, NORABOA PILAR!

A alumna Pilar Corredoira Coira, que cursou bacharelato no IES Xoán Montes, recibiu un dos vinte premios extraordinarios concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Persoal.

O diario El Progreso publicou unha reseña recollendo esta boa nova. Preme aquí para ler o artigo.

Noraboa por recibir ese recoñecemento ao teu esforzo!

medalla

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024.

COMEZO DO CURSO 2023-2024

Aprendendo a acoller e amar o que sentimos.

Canta ilusión por empezar o novo curso!

 

O Equipo de Acollida do IES Xoán Montes acompañou ao alumnado novo no centro no día da presentación:

 

FONDO LIBROS

Publicada a relación definitiva de alumnado que ten concedido o fondo de libros no taboleiro de anuncios da entrada do instituto. 

A entrega de vales para o material farase a partir do 1 de setembro.

PROCESO DE ADMISIÓN FP Básica

O 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de alumnado admitido na FP Básica e o día 24 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

A matrícula será a partir do 24 de xullo nos centros educativos nos que se obtivo praza.

MATRÍCULA

Está aberto o prazo de matrícula ata o 7 de xullo  (14h) para o curso 2023-2024. Para axilizar o proceso da matrícula pregámoslles que se axusten, de ser posible, ao seguinte calendario de matrícula por curso:

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 1º ESO: do 23 ao 26 de xuño

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 2º ESO: do 26 ao 28 de xuño

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 3º ESO:  4 e 5 de xullo

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 4º ESO: 6 e 7 de xullo

ALUMNADO PARA MATRÍCULA  EN 1º BAC: 29, 30 (xuño) e 3 (xullo)

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 2º DE BAC: 3 de xullo (en caso de que teñan aprobado todo na convocatoria ordinaria poden matricularse antes )

O horario para formalizar a matrícula será de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 (agás o venres ata as 14h)

Poden consultar toda a información relativa á matrícula aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut