Como xa sabedes, dous dos nosos compañeiros, David e Juan, participaron o pasado Venres 20 na fase final da Olimpíada Matemática Galega. Temos a imnensa alegría de comunicarvos que Juan Manuel Cano Vila de 2º ESO A é un dos seis finalistas que participarán na fase española, que terá lugar en Vigo, do 26 ao 30 de Xuño. TODOS ESTAMOS CONTIGO, JUAN!