Skip to Content

Monólogo de Nadal 2010

 Podes velo aquí

Cristian Toimil Arango

Déstesvos conta? Xa hai 2 meses que nos están a bombardear con anuncios de Nadal... se xa o dicía a Biblia: "O anxo do Señor anunciou a María". Así empezou o Nadal, cun anuncio. Para min, o milagre non é que aparecese un anxo. O milagre é que non anunciase un perfume ou turrón. Porque en Nadal non se anuncia outra cousa. Fixástesvos en que desaparecen os anuncios normais? Que pasa co Actimel? Que en Nadal "xa non axuda ás túas defensas"?; e as hemorroides? que? hai que volver sufrilas en silencio, ou? Non obstante, en Nadal aparecen outros anuncios, que eu non sei se será polo alcohol que se bebe nestas festas, pero non hai por onde collelos. Un exemplo é o dun anuncio de hai anos se emitía no que saía unha rapaza nunha moto, baixaba a cremalleira e dicía:

- Busco a Jacq's...

Pero, que forma é esa de vender colonia? Por deus! É coma se vas ao quiosco, baixas a bragueta e dis:

- Deme o xornal

E agora tamen vos digo unha cousa, non me quero imaxinar o que habería que facer para que che desen o suplemento...

Aínda que, polo menos esa rapaza estaba ben alimentada porque hai algunhas que saen agora anunciando perfumes todas pálidas e delgadiñas que non teñen forza nin para dicir a marca do perfume: Tresor, Paguí", "Poeme, Paguí", "Amor Amor, Paguí".

E o colmo é que agora ata os perfumes de nome castelán os anuncian con outro acento: "Cagolina Heguega". Pero que pasa aquí? Hai que ter coidado, porque como siga esta moda acabaremos oíndo: "Yo me lo guiso, yo me lo como. Vivamos como galegos Paguí". Desde logo, esto non ten xeito ningun.

E o anuncio de El almendro?: "Vuelve, a casa vuelve, por Navidad... ". Este ano ainda non sei como é pero hai anos aparecía un tipo nunha moto de incógnito, baixábase dela e métiase correndo nunha casa. Non vos parecía raro que aquel tipo fora sempre co cuello subido, escondéndose? Xa está, home! Ese tío era Jacq's! Como o vai encontrar a outra se pasa todo o Nadal escondido no pobo! E alí pasa o tío todas as festas... comendo turrón. Porque o turrón está moi bo. Ainda que, parece que algúns fabricantes non o queren vender: "1880, o turrón máis caro do mundo". Pois vale...!

E non se acaba aí a cousa. Aí esta o turrón Delaviuda. Que... bueno, eu non digo nada, pero que lle pregunten ao marido da viúva que tal lle sentou o turrón...

Por se fose pouco, hai outros anuncios nos que parece que o turrón crea adicción. Vistes aos pobres nenos de Antiú Xixona? Cos ollos desencaixados, correndo tolos pola neve: "Queremos turrón, turrón, turrón". E aínda que lles deas o turrón, non paran: "Seguimos querendo turrón, turrón, turrón,". Estes pequenos están enganchados! Repito que a min me encanta o turrón, pero segundo a publicidade: é caro, destrúe e crea adicción..." Tamén hai outra marca que pon na caixiña: "Calidade suprema". Aínda que o comprases na gasolineira, poñerá: "Calidade suprema".

Para esaxerados os da sidra El Gaitero. "Sidra El Gaitero, famosa en el mundo entero,". Pois non é certo! Porque un día que estaba eu en Cospeito pregúnteilles a uns chinos que estaban de turistas, e nin coñecían a sidra, nin moito menos ao gaiteiro. Pobriños, que falta de cultura...

Os que si que son famosos son os do anuncio de Freixenet. Todos os famosos poden ser burbullas: Miss España, Antonio Banderas, Xil Ríos... Ata Montserrat Caballé pode ser burbulla Freixenet... Imaxínaste que compras unha botella de cava e dentro hai unha burbulla do tamaño de Montserrat Caballé? Sairía o tapón a tomar por... bueno.

Agora que para anuncio raro, o de "las muñecas de Famosa". Estas muñecas "se dirigen al portal para hacer llegar al niño su cariño y su amistad". Pero que cariño e que amizade van dar unhas muñecas? Como moito poden dar por saco porque ahora xa son tan modernas que choran, cagan, mexan e todo.

En fin, analizando a publicidade do Nadal pódome imaxinar como foi o anuncio que lle fixo o anxo a María. O anxo chegaría en moto e diría:

- Busco a María.

- Maguia? Oui, c'est moi.

- Vas ter un fillo como a sidra El Gaitero: famoso en el mundo entero.

- E será un bo fillo?

- Calidade suprema

- E de onde virá, se non coñezo varón?

- Pois de onde veñen todos, de... Paguí.




story | by Dr. Radut