Skip to Content

VISITA DIDÁCTICA AO CEI-NODUS

O día 29 de outubro tivemos, os alumnos de 3º e 4º da ESO de Iniciativas emprendedoras do Xoán Montes, una saída ao CEI-NODUS con Beatriz e Leonor, profesoras de Iniciativas e Bioloxía respectivamente. O primeiro que fixeron foi falarnos das becas para ir a estudar ao estranxeiro e aprender outros idiomas, culturas, maneiras de vivir, etc. Tamén unha charla sobre as vantaxes e inconvenientes de traballar por conta propia e allea, formas xurídicas máis empregadas, facendo fincapé nas cooperativas, trámites de constitución, trámites de Facenda e coa Seguridade Social e tipos de cooperativas. Tamén dos principios cooperativos, que son necesarios para montar unha empresa e tipos de emprego. De maneira resumida, isto foi o que aprendemos:
  • Traballo por conta allea: Consiste en desempeñar unha actividade profesional baixo as directrices dun empresario.

  • Traballo nas administracións: Consiste en desempeñar unha actividade profesional nas AAPP (Administracións Públicas)

  • Autoemprego: Traballar por conta propia, ser o teu propio xefe/a (autónomo)

  • Formas Xurídicas:

    • Comunidade de bens e sociedade civil

    • Autónomo

    • Sociedade Limitada

    • Sociedade Anónima

    • Sociedade Laboral

    • Cooperativa (facendo fincapé neste)

visita cei_nodus

A cooperativa:

A cooperativa é un grupo de persoas traballando xuntas, un conxunto de persoas asociadas que se unen coa mesma meta.

Os principios cooperativos:

  • Adhesión voluntaria e aberta

  • Xestión democrática

  • Participación económica dos/as socios/as

  • Autonomía e independencia

  • Educación, formación e información

  • Cooperación entre cooperativas

  • Interese pola comunidade

     

Tipos de cooperativa:

  • Agrarias

  • Transporte

  • Mar

  • Vivenda

  • etc...

Os pasos para facer unha cooperativa son:

  • Expoñer o produto ou servizo que se vai a facer

  • Definición do mercado

  • Análise da competencia

  • Definir obxectivos

  • Previsións de venda

  • Promoción e publicidade

  • Seleccionar persoal

  • Análise económica e financeira

Despois, todos colaboramos para pintar un mural da muralla no que estabamos divididos en 3 grupos: Un dos grupos encargábase de pintar o mural. Outro encargábase de mesturar as cores coas que se pintou, e o último encargábase de buscar conceptos que tiveran que ver co cooperativismo. Todo isto fíxose co fin de aclarar a nosa idea de cooperativa mediante o traballo en grupo. E por último fomos ao "espazo lab.", dedicado á orientación laboral, no cal nos falaron de diversos modos de conseguir traballo e saber pedilo, xa que é preciso ter seriedade, un bo vocabulario e saber falar de forma adecuada. Outros servizos que nos ofertan son:

  • Plataforma multimedia

  • Asesoramento personalizado

  • Salas de actividades

  • Acceso a Internet

  • Publicacións

A experiencia foi proveitosa, sacamos en limpo que para saber pedir traballo fan falla habilidades sociais, seriedade, tranquilidade e coidar as aparencias, así como ter sempre un bo sorriso. Tamén aprendemos a traballar en equipo, e que se nos esforzamos temos oportunidades para chegar a ser o que queiramos. Puidemos coñecer in situ o CEI Nodus, e agora sabemos que, ante calquera dúbida laboral, eles poden axudarnos así como a montar unha empresa. Tamén foi unha actividade divertida, relacionámonos cos compañeiros de 3º e realizamos unha actividade diferente, que nunca antes fixeramos.

Traballo realizado polos seguintes alumnos e alumnas: Andrés Armesto Cortiña, Ánxela Calaza Rodríguez, Tomás Corredoira Loureiro e Noelia Méndez Fernández de 4º de ESO A, e Zhenya Georgieva Karagyozova e José Manuel Núñez Vázquez de 4º de ESO B.



story | by Dr. Radut