Skip to Content

Enfermidades medulares

O pasado día 18 de novembro, Mónica, unha voluntaria de COGAMI cun problema medular, visitou o noso centro. Despois da charla, algunhas das alumnas escribiron para Á sombra da muralla as súas impresións:

Marta Lamela Martín e Inês Maria Estebainha Magalhães Pereira Favas:

Para vir ao Xoán Montes, Mónica veu no seu coche, e fíxoo perfectamente. Viña en cadeira de rodas, máis a pesar de todo, manexábase moi ben polo instituto. Non puido entrar pola entrada principal, senón que o fixo pola entrada oeste.

por unha cidade accesibleChegou á nosa clase e comezou a charla. Non a acabamos alí, tivemos que baixar ao desdobre un. Como era de saber, baixou no ascensor.

Chegamos alí e proxectou unhas imaxes para que vísemos como son os problemas medulares e como se poden previr. Tamén nos dixo que a maior parte dos accidentes son provocados por:

  • accidentes de tráfico
  • laborais
  • accidentes no mar, piscinas, ...

E a maior parte deles nos homes, aínda que os accidentes das mulleres son cada vez máis frecuentes. Destes accidentes, só o 6% recuperan a mobilidade e quedan sen secuelas.

Para evitar todo isto:

  • non debedes beber alcohol e logo conducir
  • debes levar casco cando vas na moto
  • tampouco debes tomar drogas e logo conducir

Aprendemos moitas cousas, pero sempre é mellor previr que curar.

María Pereira Blanco, Lesly Escarlett Marcelino Montero e Yeimy Viviana Burgos Mancilla:

Mónica falou do que era a paraplexia e a tetraplexia, ademáis de explicar as barreiras que estas persoas poden atopar na cidade.

Hai veces que a paraplexia e a tetraplexia non se poden evitar, debido a que somos vítimas dunha imprudencia, pero a maioría das veces poden ser evitadas, como por exemplo non bebendo nin tomando drogas antes de subir a un coche, xa que pode ter graves consecuencias que nos poden prexudicar á propia persoa e a outras persoas.

Esta charla causou unha grande impresión ao alumnado. Decatáronse das dificultades que unha cidade tén para estas persoas, por exemplo: escaleiras nalgúns centros, rampas moi inclinadas, ...

En resume, moitos obstáculos para desprazarse nunha cidade que non está habilitada para estas persoas.

SE HAI TRABALLO PARA AXUDAR A DISCAPACITADOS, OFRÉCETE, NON O PENSES MÁIS! 

ascensor accesible

 



story | by Dr. Radut