Skip to Content

Liga de debate

liga de debateA liga de debate baséase na celebración dunha serie de debates entre os equipos presentados, de xeito semellante a unha liga deportiva.

Un debate de competición consiste na confrontación de argumentos por parte de dous equipos que interveñen, un a favor e outro en contra, sobre un tema elixido pola organización e de acordo con certas limitacións de tempo e de forma.

O capitán é unha persoa designada polo centro que desempeña a función de adestrador, asesor e representante do equipo cara a organización da liga de debate.
O número de participantes oscila entre 3 e 5.o equipo nun debate

No caso do noso centro, o equipo estaba este ano capitaneado por Xosé Manuel González Pérez e integrado por: Alejandra Abuín Sixto, Iago Meilán Sánchez, Violeta Núñez Martínez e Manuel Mª Veiga Lombardía. Tiveron unha brillante participación, sendo eliminados nos cuartos de final polo IES Rosalía de Castro, vencedor final da liga.

Este ano a liga desenvolveuse en Santiago de Compostela entre o 29 de xaneiro e o 1 de febreiro. Uns días despois, o consello de redacción de Á sombra da muralla mantivo unha entrevista co equipo, entrevista que resumimos da seguinte maneira:

- Cales son os temas que tratades con máis frecuencia na liga de debate?
Os temas culturais, sociais e políticos.
- En que se diferenciaba, nas dúas ocasións en que participou, o equipo do Xoán Montes doutros equipos participantes?
En que interviron ponderadamente todos os seus membros, a diferenza dos outros nos que os oradores (os que falan) e os investigadores (os que axudan) case sempre eran os mesmos
- Como se levaron a cabo os debates?
Ben, foron amenos e entretidos.
- Ten valor didáctico a liga de debate?
Por suposto, apréndense moitas cousas. Ademáis apréndese a traballar mellor en equipo e a falar mellor en público.
o equipo despois dun debate- Que tal se pasa durante a competición?
Ao principio con nervios, porque non sabes que posición che tocará defender e tés que estar preparado para todo, pero despois vaste afacendo. Pásase moi ben e coñécese a moita xente.
- Cantos equipos participaron?
O ano pasado 24 e este ano 48.
- Moitas grazas pola vosa colaboración na revista.
Foi un pracer. Antes de rematar quixeramos agradecer a colaboración de María Romero, Santos Prado, Beatriz López e Saleta González.



story | by Dr. Radut