Saiu a primeira adxudicación para ciclos formativos de grao medio e grao superior, para acceder premede no seguinte enlace:
1ª ADXUDICACIÓN A CICLOS FORMATIVOS
Unva vez admitidos/as tedes ata o día 24 de Xullo para formalizar a matrícula no centro adxudicado.
Os que acadastes praza no IES Val do Asma tedes que traer:
-Sobre de matrícula cuberto.
-2 fotos co nome e apelidos escrito por detras.
-Seguro escolar pagado (menores de 28 anos).
-Fotocopia de DNI*
-Fotocopia do libro de familia pola páxina onde aparecedes vos.*
*Os que non estivestes matrículados o ano pasado.
Para calquera dúbida podedes chamar ao IES ou pasarvos polo centro.