Skip to Content

Programa ERASMUS

28/04/23 O instituto Val do Asma «exporta» estudantes chantadinos de automoción

Formación en Centros de Traballo en Portugal - Erasmus+ 2023

Unha alumna do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles participa, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) no taller mecánico AutoAfonso & Filhos, Lda. en Montalegre (Portugal) dende o 03/04/23 ao 30/06/23.

Nova convocatoria!!! Prácticas en países europeos - Alumnado titulado e alumnado de 1º curso (CB ou CM)

O consorcio APAGA, no que participa o IES Val do Asma, abre un novo prazo para que o alumnado titulado ou que estea a realizar 1º cursos do CB Mantemento de vehículos ou do CM Electromecánica de vehículos automóbiles presente as súas solicitudes para realizar prácticas en talleres europeos nos meses de xullo e agosto. Interesados/as remitir correo electrónico a erasmusvaldoasma@gmail.com indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Mobilidade a Portugal - Erasmus+

Hoxe o IES Val do Asma fai entrega de toda a documentación á alumna Yasmim do CM Electromecánica de vehículos que vai realizar unha mobilidade Erasmus+ de longa duración (3 meses) en Montalegre (Portugal) coordinada por APAGA. A alumna realizará a súa formación práctica dende o vindeiro luns 3 de abril ata o 30 de xuño na empresa AutoAfonso & Filhos, Lda. grazas ao proxecto Erasmus+ 2021-1ES01-KA121-VET-000009777 financiado con fondos da Unión Europea.

04/03/23 A aventura máis exótica do IES Val do Asma

Entrevista do xornal El Progreso ao alumnado participante na mobilidade á Güiana - Erasmus+

O xornalista Miguel Piñeiro, do xornal El Progreso, acude ao IES Val do Asma para entrevistar ao alumnado participante na mobilidade á Güiana francesa, dentro do proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2 “Being a European pupil who discovers the professional world” (2020-2023) para realizar unha reportaxe sobre a súas experiencias. A entrevista realizarase o luns 1 de marzo durante o tempo de lecer (de 11:15 a 11:45).

Reunión Erasmus+ consorcio APAGA

27/02/2023 12:00
27/02/2023 13:00

Reunión de alumnado, familias e profesorado co presidende de APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, para informar sobre as prácticas en empresas dos/as estudantes do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromécanica de vehículos automóbiles en países da Unión Europea.

Dirixido a: Alumnado de CB e CM de automoción.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma.
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración do profesorado da familia de Transporte e Mantemento de vehículos.

05/02/23 Güiana francesa recibe a 7 alumnos e 2 docentes de Chantada

Acceso á nota de prensa de

  Nova no xornal "El Progreso"

Presentación solicitudes para prácticas en paises europeos - Alumnado CB e CM

Aberto o prazo para que o alumnado de 2º curso do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromecánica de vehículos automóbiles presente as súas solicitudes para realizar 1 mes ou 3 meses de prácticas en talleres europeos.
Estas solicitudes entregaranse á persoa coordinadora Erasmus+ para logo ser remitidas á APAGA, que é a asociación que coordina este proxecto Eramus+.

Acceso ao impreso de solicicitude.

Mobilidades á Güiana Francesa - Erasmus+

02/02/2023 19:30
10/02/2023 20:00

Sete alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º BAC, que cursan Economía e/ou Iniciativa emprendedora, acompañados por dous profesores, participan na última das mobilidades previstas no proxecto Erasmus+2020-1-FR01-KA229-080491_2. Esta mobilidade ten como destino Cayenne na Güiana francesa.

Distribuir contido


by Dr. Radut