Mobilidade a Portugal - Erasmus+
Hoxe o IES Val do Asma fai entrega de toda a documentación á alumna Yasmim do CM Electromecánica de vehículos que vai realizar unha mobilidade Erasmus+ de longa duración (3 meses) en Montalegre (Portugal) coordinada por APAGA. A alumna realizará a súa formación práctica dende o vindeiro luns 3 de abril ata o 30 de xuño na empresa AutoAfonso & Filhos, Lda. grazas ao proxecto Erasmus+ 2021-1ES01-KA121-VET-000009777 financiado con fondos da Unión Europea.