O vindeiro venres, 20 de xaneiro de 2023, ás 16:30 horas, celebrarase no Salón de actos, unha segunda reunión informativa para as familias/titores legais e alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2
O vindeiro venres, 2 de decembro, ás 16:00 horas, celebrarase no salón de actos, unha reunión informativa para as familias/titores legais do alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2
O IES Val do Asma recibiu durante o mes de outubro a visita do alumnado e profesorado acompañante dos centros LP Le Chatelier (Marsella) e LPO Lama-Prevot (Caiena), socios no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2 “Being a European pupil who discovers the professional world” (2020-2023)
Preme aquí para ver o resumo deste encontro internacional.
As tres coordinadoras do IES Val do Asma, do LP Le Chatelier e do LPO Lama-Prevot reúnense en liña para preparar as mobilidades á Güiana francesa e as actividades previstas no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2.
Ademáis participamos noutros proxectos co consorcio de APAGA e o equipo Erasmus+ solicitará neste curso escolar un proxecto KA122-SCH durante o mes de febreiro de 2023.
O Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data marca o aniversario da histórica «Declaración Schuman», na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que hoxe é a Unión Europea.
Desde o IES Val do Asma queremos felicitarvos con este vídeo no que participou toda a comunidade educativa.