Skip to Content

VIAXE CULTURAL MADRID - SEGOVIA

14/02/2018 04:30
16/02/2018 23:59

Alumnado de BAC (1º e 2º) e do C.S. de Administración e Finanzas (modalidades ordinario e dual), farán unha viaxe de tres días a Madrid, nos que visitarán o Senado, o Mosteiro do Escorial e distintos museos (o Museo do Prado, Reina Sofía, Thyssen e os Museos de Ciencias e Xeomineiro). Na viaxe de volta aproveitarán para coñecer a cidade de Segovia. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Madrid - Segovia
Grupos: Alumnado de BAC e do C.S. de Administración e Finanzas.
Organiza: Departamento Xeografía e Historia, Departamento de Bioloxía e Departamento de Administración.

VACACIÓNS ENTROIDO 2018

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 febreiro ata o mércores 14 de febreiro de 2018, ámbolos dous incluídos.

ENTROIDO 2018

09/02/2018 11:45
09/02/2018 14:15

Celebración do Entroido con Karaoke, playback, música en vivo, concurso de disfraces e baile no que poderá participar toda a comunidade educativa. Para ver imaxes deste evento preme aquí.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2018 (GRAO SUPERIOR E GRAO MEDIO)

Calendario das probas de acceso a ciclos:

- Grao superior:

Inscripcións dende o 8 ata o 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Data da proba: 19 de abril de 2018.

Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao superior preme aquí.

- Grao medio:

Inscripcións dende o 12 ata o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Data da proba: 31 de maio de 2018.

Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao medio preme aquí.

 

 

VISITA A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)

06/02/2018 08:45
06/02/2018 14:15

O alumnado de 2º de BAC do IES Val do Asma realizará dentro do Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" unha visita guiada pola facultade elixida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Lugar: Santiago

Grupos: 2º BAC

Organiza: Departamento de Orientación.

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CON 6º DE PRIMARIA

05/02/2018 12:20
05/02/2018 13:25

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 6º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla e 4º da ESO do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Bioloxía.

PLAN PROXECTA 2017-2018

Listado de proxectos admitidos para a participación do IES Val do ASma, no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018:
14.Proxecto Terra
32.Quérote +
37.Proxecto didáctico Antonio Fraguas

CONTRATOS-PROGRAMA 2017-2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder ao IES Val do Asma as seguintes modalidades dos contratos-programa para o curso 17/18:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA) - Acompañamento escolar fóra do horario lectivo para alumnado de 1º e 2º ESO.

2a. Mellora das competencias clave - Competencia matemática para alumado de ESO e de FP Básica.

2c. Mellora das competencias clave - Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía para alumnado da ESO.

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

7. Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

CHARLA SOBRE EVENTOS EN HOSTALERÍA

30/01/2018 19:00
30/01/2018 20:00

O alumnado asistirá a unha charla impartida por Irene Mato, Xefa de Recepción e responsable de Calidade do Mogay Hotel Eventos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: C.S. Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo

DÍA DA PAZ - CONCERTO ESCOLA MÚSICA CHANTADA

29/01/2018 15:55
29/01/2018 16:45

O alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto de piano ofrecido polos alumnos da Escola de Música de Chantada en conmemoración do Día da Paz.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: Todo o alumnado.

Organiza: Departamento de Dinamización Lingüística.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut