O alumno Carlos Vázquez González viaxará a Madrid para recoller o premio como gañador da XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos", organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos, que lle será entregado no Congreso dos Deputados o luns 7 de maio entre as 11:15 e as 13:30. Asistirán ao acto os seus compañeiros de Educación plástica e visual de 4º de ESO, a súa profesora, Lola López, e o Vicedirector do IES, Xosé Antón Domínguez. Aproveitarán a estancia en Madrid para visitar algún dos lugares máis representativos da capital. Para ver máis imaxes preme na foto.
Noraboa!!!!!
Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual e Departamento de actividades extraescolares.