Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.
Disponse de toda a información do procedemento no seguinte enlace.
Do mesmo xeito, pode descargarse o impreso de solicitude dende aquí.
A solicitude de reserva de praza escolar será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.