Skip to Content

AXUDAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA A FCT

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
 

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

 

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.
 

PLAN DE REFORZO E RECUPERACIÓN DURANTE A SUSPENSIÓN DE CLASES POLO COVID-19

A continuación, amósanse máis tarefas para o alumnado, dentro do plan de reforzo e recuperación durante a pandemia pola COVID-19:

Nonito:

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Ampliación da información sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio:

- Lugar de celebración: IES A Pinguela (Monforte de Lemos).
- Listaxe definitiva: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8721
- Instrucions para a realización da proba: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8723

PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

No seguinte enlace, pódese consultar toda a información referente ao fondo solidario de libros.

PROTOCOLO ACTUACIÓN PARA O RETORNO AS AULAS

No seguinte enlace, pódense consultar as medidas de prevención para o alumnado na reapertura dos centros educativos para a actividade lectiva e académica durante o curso 2019-2020.

 

NOVO CALENDARIO PROBAS ACCESO A CICLOS

No seguinte enlace, pódese consultar o novo calendario das probas de acceso a ciclo medio e superior.

 

Recordatorio lugares e sedes de cebebración da Proba de acceso a ciclos de grao superior.

IES Val do Asma: CIFP As Mercedes (Lugo).

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668

 

Listaxe provisoria Probas acceso a Ciclos de grao medio. Prazo de reclamacións ata o 28 de maio.

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8670

 

+ INFORMACIÓN: Blogue Departamento de Orientación

Información ABAU 2020

Xa se pode consultar na web da CIUG a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas. Está todo dispoñible nos seguintes enlaces:
https://ciug.gal/PDF/convocatoria_ordinaria_abau_2020.pdf
https://ciug.gal/PDF/resumo_convocatoria_ordinaria2020.pdf
https://ciug.gal/PDF/instrucionsabau.pdf

HORARIO ABAU

No seguinte enlace pódese consultar o horario das probas da ABAU, que se celebrarán entre os días 7 e 9 de xullo.

Anexo II, Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020.

O alumnado de ciclos ordinarios que desexen aplazar as prácticas para despois do 1 de setembro do 2020, tal e como se recolle no artigo 2 punto 2, apartado b) da Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

b) Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020. Neste caso:

i) O alumnado matricularase en calquera dos períodos extraordinarios establecidos para realizar o módulo de FCT e, de ser o caso, o módulo de

Proxecto. Para os efectos de non consumir a convocatoria asociada á matrícula do curso 2019-2020, será avaliada como unha renuncia, indicando

en observacións “COVID19 - curso 2019-2020”.

ii) O alumnado pode optar por realizar o módulo de Proxecto no período establecido con carácter xeral ou ben no momento de realizar a FCT, aínda

que a avaliación efectiva se fará cando se realice a FCT.

iii) Nas dúas alíneas anteriores, o alumnado deberá presentar ante o centro educativo unha solicitude segundo o modelo do anexo II, antes do 30 de xuño de 2020, que quedará arquivada no expediente do/da alumno/a.

 

Enlace ao Anexo II

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8676

Instrucións do 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

 

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19.

Dita norma, que ten carácter básico, modifica o marco normativo que rexe o desenvolvemento do curso 2019/2020 e flexibiliza os criterios para promoción e titulación nas diferentes etapas educativas, quedando sen efecto o criterio do número de materias non superadas. Procede, polo tanto, ditar as instrucións para a aplicación de dita norma básica por parte dos centros educativos, no terceiro trimestre do curso 2019/2020, en aspectos como a programación e o desenvolvemento das actividades de ensinanza-aprendizaxe, a avaliación, a promoción e a titulación do alumnado galego dos distintos cursos e niveis, tendo en conta tamén as necesidades do conxunto da comunidade educativa, desde os docentes, ata o alumnado e as súas familias.  

Distribuir contido


by Dr. Radut