Skip to Content

Destacado:

Calendario fin de curso para 2º Bacharelato

Publicamos o calendario de fin de curso para 2ºBacharelato tanto para a convocatoria ordinaria como a extraordinaria: probas finais, reclamacións, probas ABBAU etc. Calquera dúbida que teñades podemos aclarala estes días.

 

Calendario 3º trimestre dos clubs

Publicamos o calendario deste trimestre para os clubs dos mediodías dos luns. Como sabedes, non todos os luns hai actividade de todos os clubs, teredes que prestar atención ao calendario para saber cando ten sesión cada club.

2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Bo día!

Dende o Departamento de Orientación queremos facervos chegar unha proposta de actividade para toda a comunidade educativa a desenvolver ao longo desta semana con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril.

Como veredes, o lema deste ano é "Unha feliz viaxe pola vida" e preténdese reflexionar sobre que nos fai felices, ben a través dun debuxo ben a través dunha redacción.

Vacacións Semana Santa

08/04/2022 14:15
18/04/2022 23:59

Presentación das liñas de investigación do StemBach

Onte, presentáronse as distintas liñas de investigación que están a desenvolver os equipos do StemBach do noso centro. Entre o público, as titoras e titores, tando da universidade como do centro, ademais do alumnado. Expuxeron os avances nas investigacións así como o proceso de formación tanto práctica, visitas a laboratorios e talleres, como teórica, búsqueda de información e presentación, exposición oral etc

A final de curso repetiremos a experiencia, invitando, a maiores, ás familias e ao profesorado do alumnado. Esperamos que sexa un éxtio como o de onte.

A continuación podes clicar na foto e ver o album completo.

Álbum: Curso 2021/22 -> StemBach

Galería de Fotos

Pouco a pouco imos avanzando na posta en marcha da nosa nova páxina web. Queremos compartir con toda a comunidade educativa todas as actividades que se van desenvolvendo no curso. Agora, ademais das nosas redes sociais, podedes visitar a Galería de Fotos desta web, veredes que xa hai moito material e estaremos actualizando continuamente con todas as actividades complementarias e extraescolares que vaimos levando a cabo. Esperamos que disfrutedes vendo este material gráfico!

Novo calendario de exames

Publicamos nesta nova web o calendario de exames para todos os cursos. Polo de agora estará publicado nesta páxina principal e sempre estará no apartado de Alumnado.

Lembrade que os responsables deste calendario son as persoas delegadas de cada curso polo que pode estar incompleto ou ter algún erro. É bo que se contraste esta información.

Remate da 2ª Avaliación e entrega de notas

Esta semana teremos as avaliacións de 1º, 2º e 3º ESO. As de bacharelato e 4º ESO xa se levaron a cabo a pasada semana. Este venres 25 de marzo serán publicadas as notas no Abalarmóbil.

Enlace para o Festival de Entroido

Se queredes ver dende casa, en directo, o noso Festival de Entroido, conectádevos a youtube no seguinte enlace sobre as 11:45:

 https://youtu.be/HmW4hmz-Tlw

 

Distribuir contido


by Dr. Radut