Skip to Content

Xeral

Documentos xerais

Calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO (19, 29, 21 xuño)

Achegamos calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de bacharelato, que terán lugar os días 19, 20 e 21 de xuño.

O último día co horario habitual en 1º de bacharelato será o martes 18 de xuño.

Un saúdo.

Dirección IES Valadares

Calendario de EXAMES da avaliación extraordinaria de 2º Bacharelato

Preséntase a continuación o calendario de exames da avaliación extraordinaria de 2º de bacharelato para o 10, 11 e 12 de xuño de 2024

RECLAMACIÓNS das cualificacións finais no SEGUNDO curso de BACHARELATO

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato:

 

Información IMPORTANTE para o alumnado que remata o 2º de Bacharelato

Información importante para o alumnado que remata 2º de Bacharelato sobre o pago das taxas para a expedición do título e a matriculación nas probas ABAU.

Aberto o prazo solicitude de AXUDAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Abrese prazo para a solicitude das axudas de alumnado NEAE  para o curso escolar 2024/25 ao Ministerio de Educación

      Prazo de presentación: dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024

Lembrade que estas bolsas son incompatibles cas Bolsa xeral para estudos postobrigatorios

AXUDASLE 2024 Listaxe provisional admitid@s

Informamos de que foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado de bacharelato seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación para o programa de estadías no estranxeiro Axudasle.

 Información completa na páxina de AXUDASLE Ou desprega aquí mesmo a información.

Axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de Bacharelato.

O alumnado interesado en solicitalas pode dirixirse ás súas profesoras de inglés e/ou ao equipo directivo se precisa axuda para a solicitude.

Ligazón á orde:

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Información sobre a viaxe de 4ºESO 23/24

Neste apartado "Familias" da nosa web iremos publicando as circulares con información sobre a viaxe de 4ºESO e a documentación necesaria en cada momento.

A Circular 2 pode entregarse presencialmente en papel no centro ou enviala por correo á dirección: vicedireccion.ies.valadares@edu.xunta.gal antes do 20 de outubro.

Deixamos aquí os pdf para que leades as condicións da viaxe e descarguedes a Circular 2 que hai que entregar cuberta. Mañá tamén entregaremos ao alumnado que veña ao centro esta documentación en papel.

Distribuir contido


by Dr. Radut