Skip to Content

Proxecto Educativo

Principios educativos

Educación Integral

Traballamos para capacitar ao noso alumnado naqueles aspectos que lle permitan acadar o seu pleno desenvolvemento persoal, social e profesional, mediante a adquisición das Competencias Clave.

 

Inclusión Innovación Excelencia
O conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

Estamos convencidos de que no século XXI a innovación é o mellor xeito de buscar a formación integral do noso alumnado. Promovemos as metodoloxías activas mediante o traballo por proxectos, o agrupamento de materias en ámbitos, ou a aprendizaxe cooperativa.

Facemos unha forte aposta pola excelencia coa implantación de dúas modalidades de bacharelato, Artes e Ciencias-Tecnolóxico e diversos programas. . Dispoñemos, así mesmo, do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach)

 

Foto do conxunto do alumnado no patio traseiro do centro

O labor educativo do IES Valadares baséase na solidariedade. Pretendemos constituírnos no respecto mutuo, no diálogo, a reflexión, colaboración e espazo de convivencia e formación dentro dun ambiente plural que promova a participación, a tolerancia, a solidariedade e o desenvolvemento persoal e colectivo cunha perspectiva crítica e racional da cultura, a sociedade e a ciencia do noso tempo.

 

 

 

Documento: Proxecto Educativo do IES Valadares

Podes ver a continuación o documento co Proxecto Educativo do centro, e descargar o arquivo se así o desexas.

Distribuir contido


by Dr. Radut