Da análise da situación do centro, das necesidades do alumnado e do que precisa a sociedade nes-tes tempos, xorde a necesidade de poñer en marcha prácticas innovadoras. Prácticas que axuden ao alumnado a ser protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe, que lle permitan desenvol-ver todas as competencias para acadar os obxectivos da etapa.
Entendemos a innovación como un proceso que sempre está en evolución e cambio. Un proceso que conleva reflexión entre o equipo de docentes, horas de formación e moito tempo investido en todos os proxectos. Un proceso en constante revisión, flexible para adaptarse ás necesidades de cada situación, e que ten que ser avaliado para irse axustando e mellorando.
Un largo percorrido xa feito con visión de futuro que vai deixando cambios estruturais no centro e vai adaptándose á realidade da sociedade en cada momento; sirva como exemplo o proxecto da coope-rativa de medidores de CO2.
Listamos a continuación estes "Proxectos de centro" agrupados en dous grandes grupos: