Publicadas as axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado na Educación Secundaria Obrigatoria. Remata o prazo o 21 de xuño.
Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 23-24 no taboleiro do centro. O período de reclamación remata o día 2 de maio. As listaxes definitivas publicaranse o día 16 de maio.
Do 7 ao 13 de maio o alumnado escollido de 2° ESO (25 alumnos e alumnas acompañados dun profesor) participarán dunha experiencia semanal de inmersión lingüística nos Peares. Aquí deixamos algúns documentos con información detallada. Tamén tedes aquí ao voso dispor a documentación que se necesita para asistir.
Inés e Pedro pecharon as presentacións do Stembach deste curso. Excelente traballo de investigación sobre a "Proteómica do Leite Materno" da man de Carlos Spuch, investigador do Instituto Galicia Sur . Parabéns a todo o equipo.
Antes das vacacións de Semana Santa celebraremos no instituto a nosa Semana Cultural 2023. Teremos actividades moi variadas: charlas, visitas, obradoiros, encontros.. Visitarannos profesionais de moitos ámbitos: científicas, enxeñeiras, poetas… Pero tamén o noso alumnado dirixirá e impartirá moitas das actividades. Iremos informando cada día, prestade moita atención porque será moi interesante.
Seguimos coas presentacións do alumnado de Stembach. Yeray fixo unha estupenda defensa da súa investigación: Resolución numérica de ecuacións diferenciais ordinarias na Escola de Telecomunicacións da UVigo. Parabéns, Yeray!
Outra excelente presentación do Stembach na Escola de Telecomunicacións da UVigo. Parabéns a Hugo e André polo seu traballo durante estes dous cursos: "Intelixencia Artificial".
Outra estupenda presentación do noso Stembach na Escola de Teleco da UVigo. O equipo da investigación do Desenvolvemento dun producto interactivo incluíndo arte e tecnoloxía fíxo un excelente traballo. Parabéns a Álex, Belén, Jose e Raúl.
Parabéns a Dani, Pedro e Xián. Excelente traballo e estupenda presentación. Unha interesante investigación da man de David Patiño da ETSE Minas da UVigo e Gonzalo Coello e Fátima Silvia profesores do noso centro. Felicitacións a todo o equipo.