Skip to Content

Bolsas Ministerio 22-23: amplíase o prazo ata o 16 de maio!!

cerdito encima de libros coas letras Bolsas de estudo Este ano hai cambios importantes en canto ás bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP. O prazo para as solicitudes destas axudas adiántase uns meses do habitual, comezando o 30 de marzo, e ata o 16 de maio.

 Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.
 Requisitos e contías para o acceso á Universidade.
 

Deixámosvos un enlace á páxina web dende onde é preciso darse de alta para comezar coa solicitude. Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.


Como informa a propia páxina web do Ministerio, é preciso solicitar as axudas neste prazo aínda que non saibamos con seguridade os estudos concretos aos que accederemos. Haberá un prazo posterior para posibles modificacións.
Estas bolsas van dirixidas a estudos de: Bacharelato, FP e Universidade, así como para FP básica no próximo curso.



page | by Dr. Radut