Skip to Content

Axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de Bacharelato.

O alumnado interesado en solicitalas pode dirixirse ás súas profesoras de inglés e/ou ao equipo directivo se precisa axuda para a solicitude.

Ligazón á orde:

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Estancia en Canadá e Francia dentro do programa PIALE

As profesoras Patricia Mena Piñeiro e Mª Pilar Rodríguez Nieto participaron durante o primeiro trimestre dunha estancia de catro semanas en Canadá e Francia respectivamente, dentro do programa PIALE (Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras), convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Nesta presentación achégannos algúns aspectos da súa experiencia.

 

Inicio admisión de alumnado para o curso 2024/2025

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025. Podedes visitar o enlace para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051


Calendario do club de ciencias 2º trimestre

Publicamos o calendario para este trimestre:

Luns 15 de xaneiro de 14:30 a 16:30

Luns 29 de xaneiro de 14:30 a 16:30

Luns 5 de febreiro de 14:30 a 16:30

Martes 20 de febreiro de 15:30 a 17:30

Luns 26 de febreiro de 14:30 a 16:30

Luns 4 de marzo de 14:30 a 17:30

Documento para confirmar asistencia á viaxe de Fin de Curso

Aquí publicamos o documento para confirmar a asistenica á excursion de fin de curso, tanto de 4º ESO como 1º Bacharelato. É imprescindible que fagan a transferencia á axencia de viaxes antes do luns 11 de decembro e traian este mesmo día o pdf asinado. Por favor, lean o documento completo antes de asinalo e teñan en conta todas as condicións para a participación dos seus fillos ou fillas.

Digitalweek 2023. Saída de alumnado de 3º ESO a próxima semana.

A partir do próximo domingo 19 de novembro, 25 alumnos e alumnas de 3º ESO disfrutarán do proxecto de inmersión lingüística denominado Digitalweek. Esta actividade transcorrerá integramente en inglés e o alumnado realizará distintas actividades relacionadas coa contorna dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut