Seguindo o recollido na Resolución de 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, COMUNICAMOS O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral realizarase o venres 18 de outubro, ás 13.15 horas na secretaría do centro.
Este é o documento para realizar o primeiro pago da excursión a Madrid para alumnado de 1º Bach. Este pago servirá como reserva de praza nesta viaxe. O alumnado que asistiu a clase xa o recibiu en man. O resto pode descargalo de aquí mesmo ou collelo en Conserxería.
Este é o documento para realizar o primeiro pago da excursión a Lisboa para alumnado de 4ºESO. Este pago servirá como reserva de praza nesta viaxe. O alumnado que asistiu a clase xa o recibiu en man. O resto pode descargalo de aquí mesmo ou collelo en Conserxería.
Nesta presentación podedes atopar a información do intercambio que estamos preparando cuns institutos de Francia. Iremos enviando documentación específica ao alumnado de francés de 3º e 4º ESO.
Adxuntamos os primeiros documentos para as viaxes de fin de curso, tanto para 4ºESO como para 1ºBacharelato. O documento deberá ser entregado no instituto ou na dirección de correo vicedireccion.ies.valadares@edu.xunta.gal antes do 7 de outubro.
O luns 30 de setembro celebraranse no instituto varias reunións dirixidas ás familias do alumnado do centro:
17:45 Na Aula Magna para familias de alumnado 4ºESO e 1ºBacharelato para informar das excursións de fin de curso.
18:15 Nas aulas de grupo coas titoras e titores correspondentes para informar de normas, funcionamento, avaliacións etc. Para todos os niveis e grupos.