Skip to Content

Peche do centro os luns a mediodía curso 23/24

Comunicamos que durante o curso 23/24 o IES Valadares pecharase os luns a mediodía e consecuentemente, ningún alumno ou alumna poderá permanecer no instituto. 

O constante incremento de alumnado viña provocando un deterioro da idea inicial dos clubs, que estaban pensados para persoas realmente interesadas nunha actividade concreta pero que se foron transformando nunha escusa para que moito alumnado quedara a comer sen que houbera unha motivación certa, cos problemas de orde e control que isto conleva.

Tras analizar a situación co anterior equipo directivo e despois de expoñerlle a nosa postura as persoas representatantes da ANPA, decidimos adoptar esta medida que poñemos no seu coñecemento.

Sabemos que o alumnado de Bacharelato pode resultar perxudicado polos horarios do transporte. Como posible solución, ademais de algún restaurante na contorna do instituto, tamén está o Campus Universitario no que hai comedores a súa disposición.



page | by Dr. Radut