Publicamos o a calendario de final de curso para os cursos da ESO coas acividades programas para cada día. Calquera dúbida, as familias poden contactar co centro a través do correo electrónico, web ou telefónicamente.
Xa temos nova creación audiovisual do noso alumnado de 2º bacharelato de Artes. O video foi premiado en varios certames e festivais: Senda Litoral, Festival de Cádiz etc. Parabéns a todas as persoas que participáchedes neste video, especialmente ao profesor Álex Mene e ao alumno Alberto Montull. No instituto estamos moi orgullosas deste traballo que ten unha calidade excepcional.
Esperamos que o disfrutedes moito. Tamén o podedes ver directamnete en youtube, pincha aquí.
MATRÍCULA ORDINARIA PRAZO E PROCEDEMENTO A prematrícula debe ser realizada polo alumnado nos centros correspondentes de Educación Secundaria do 19 ao 23 de maio Esta prematrícula farase a través da aplicación Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/). Coa prematrícula xérase unha conta de usuario en Nerta e cada estudante recibe os datos de acceso no seu correo electrónico. Con estes datos, e despois de activar a conta, o alumnado pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante. Se decide realizar o pagamento a través de ABANCA, debe imprimir o impreso de liquidación. Unha vez aboados os prezos deberase entregar copia do xustificante de ingreso no centro correspondente para que reflicta a realización do pagamento en Nerta.
Publicamos o calendario de fin de curso para 2ºBacharelato tanto para a convocatoria ordinaria como a extraordinaria: probas finais, reclamacións, probas ABBAU etc. Calquera dúbida que teñades podemos aclarala estes días.
Publicamos o calendario deste trimestre para os clubs dos mediodías dos luns. Como sabedes, non todos os luns hai actividade de todos os clubs, teredes que prestar atención ao calendario para saber cando ten sesión cada club.